Skip to Content

blogue defdsobral

CARREIRA SOLIDARIA DE SAN TELMO (TUI-2024)

O pasado sábado 6 de abril varios alumn@s e familias, participaron na CARREIRA SOLIDARIA DE SAN TELMO en Tui. Houbo representación en todas as categorías, nunha xornada onde o tempo deu unha tregua e puidose desfrutar moito.

XORNADA DE XOGOS DE LOITA (4⁰ curso)

O pasado 22 de marzo participamos nas xornadas de xogos de loita para as clases de 4⁰ curso de educación primaria. Os nen@s ademáis de ter unha xornada deportiva, conviviron con nen@s dos outros colexios de Tui.

VI CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP DE GUILLAREI

O pasado  21 de marzo  celebramos a VI CARREIRA SOLIDARIA da nosa escola, onde fomentamos diversos valores, como a solidaridade e convivencia pacífica e e armonía dun xeito deportivo e divertido.

MAGOSTO 2023

MAGOSTO 2023

Ao igual que os últimos anos, celebramos esta xornada con obradoiros de xogos populares.

ÁNXELA PÉREZ A NOSA CAMPIOA DE CAMPO A TRAVÉS 2023 NOS REPRESENTA NA PROBA PROVINCIAL

ÁNXELA PÉREZ A NOSA CAMPIOA DE CAMPO A TRAVÉS 2023 NOS REPRESENTA NA PROBA PROVINCIAL

A nosa alumna  de 3º curso de educación primaria, representou a nosa escola no campionato provincial de carreira de campo a través celebrado nas instalacións do alto de San Cosme en Vigo.

Participou na categoría benxamín femenina e fixo unha carreira excelente contra nenas de clubs federados.

Moitos parabéns para ANXI, toda unha campioa.

DIPLOMAS CAMPO A TRAVÉS 2023

ENTREGA DIPLOMAS CAMPO A TRAVÉS 2023

 

Por fin chegaron os “diplomas” para os participantes no pasado campo a través do Borralliño 2023.

Nesta ocasión o alumnado premiado son dos cursos de 2º e 3º de educación primaria. Destacar as nenas de 3º, que por segundo ano consecutivo conseguen o 1º posto.

Moitos parabéns para os tod@s os participantes.

XOGOS DE LOITA (4º CURSO)

 

XORNADA DE XOGOS DE LOITA

O venres 22 de marzo imos participar na xornada de convivencia deportiva de “xogos de loita” no pavillón vello de Tui.

Esta xornada vai dirixida as clases de 4º curso de educación primaria dos centros educativos de Tui e Salceda de Caselas.

Os xogos son moi divertidos e a participación é moi alta.

O Sogatira, as colas do cabalo, dar a volta a tortilla, loita de xeonllos ou atrapa o balón, son algunhas das propostas lúdicas.

REMO TUI

REMO TUI

O mércores 11 de outubro de 2023. Visitaron as nosas instalacións 2 monitores do club Remo Tui. Trouxeron 1 embarcación de remo e 2 remo ergómetros; nos cales o alumnado puido probar as súas forzas.

Moitas grazas a Diego e o Remo Tui por contarnos cousiñas tan interesantes sobre esta modalidade.

BALONCESTO 2023

BALONCESTO 2023

O venres 22 de setembro viñeron a nosa escola 2 monitores de club Baloncesto Tui. Fixeron xogos coa totalidade do alumnado de educación primaria.

 

Graciñas Basket Tui.

STUDIO 57 ESCUELA DE BAILE

STUDIO 57 ESCUELA DE BAILE

O 21 de setembro viñeron a nosa escola 2 monitoras de baile da Academia Studio 57 de O Porriño. Fixeron bailar a totalidade do alumnado do colexio de infantil e primaria.

Os nen@s coñeceron estilos como fusión, danza, zumba, etc.

 Moitas grazas a Studio 57.

FÚTBOL SALA 2023

FÚTBOL SALA 2023

O 9 de outubro o Tui F.Sala viu a nosa escola a promocionar o seu deporte e ensinarnos un pouco a súa modalidade deportiva. Fixeron moitos xogos divertidos onde o alumnado coñeceu un pouco máis o fútbol sala dun xeito diferente.

Graciñas F.Sala Tui.

BALONMÁN 2023

BALONMÁN 2023

O venres día 29 de Setembro, visitou a nosa escola o Club Balonmán Tui; explicaron ao noso alumnado de educación primaria a organización do seu club e fixeron unha clase de iniciación co alumnado dos cursos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria.

O pasaron xenial e coñeceron un pouco máis deste deporte.

Moitas grazas ao BMTUI.

KAYAK TUDENSE 2023

KAYAK TUDENSE 2023

O XOVES 14 DE SETEMBRO O ALUMNADO 6º E 5º TIVO A SORTE DE PARTICIPAR NUNHA XORNADA DE “PROMOCIÓN DE PIRAGÜISMO” NO RÍO MIÑO.

ADEMAIS COÑECEMOS AS INSTALACIÓNS  DE CENTRO INTERFEDERADO E A UN GRAN CAMPIÓN COMO “MANU GARRIDO”.

MOITAS GRAZAS A TODO O CLUB KAYAK TUDENSE.

VISITA A NOSA ESCOLA DAVID GIL

VISITA A NOSA ESCOLA DAVID GIL

O PASADO 6 DE OUTUBRO TIVEMOS A GRAN SORTE DE COÑECER A DÁVID GIL, QUE VIU A NOSA ESCOLA PARA CONTARNOS UN POUCO SOBRE O SEU PROXECTO DE “700 CAMISETAS CONTRA A LEUCEMIA”.

CONTOUNOS COUSAS MOI INTERESANTES E IMPORTANTES; ADEMAIS AGASALLOU A TODO O ALUMNADO CON PULSERAS E DIPLOMAS.

MOITAS GRAZAS DAVID.

1ª Xornada deportiva escolar co CEIP de Rebordáns

O pasado mes de novembro, visitou a nosa escola o CEIP de Rebordáns coas clases de 6º e 4º de educación primaria.

Destacar que foi unha xornada moi emocionante e moi divertida.

Nesta 1ª xornada deportiva, xogaron o alumnado de 6º e 4º da nosa escola, xogando as seguintes modalidades deportivas:

Bádminton, Xadrez, Balonmán, Mini basket, Voleibol e Fútbol sala.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut