Máis e mellor actividade física (MMAF)

ALOIADA 2023

ALOIADA 2023

Os pasados 15 e 16 de xuño participamos co alumnado de 6º curso na XV edición da Aloiada 2023.

Este ano recuperamos a total normalidade na realización das actividades, puidendo pernoctar no cumio do monte Aloia, na tan desexada "acampada". Participamos 6 colexios de Tui: Nº 1, Nº 2, Caldelas, Pazos de Reis, Rebordáns e Guillarei.

O resto das actividades foron as seguintes:

XOVES 15

* Charla de bemvida e presentación do proxecto por Bea (Nº 2 de Tui) e Jose (C. Montes de Vincios).

MONTE GALIÑEIRO: 5 obradoiros

  1. ESCALADA E RAPPEL.
  2. NÓS DE MONTAÑA.
  3. PRIMEIROS AUXILIOS.
  4. ORIENTACIÓN DEPORTIVA.
  5. XOGOS DE AVENTURA CO GRUPO DOS SCOUTS DE TUI.
  6. ANDAINA DO GALIÑEIRO ATA O ALOIA.
  7. ACAMPADA NO ALOIA.

VENRES 15

  1. SENDERISMO DESDE O ALOIA ATA O RÍO MIÑO.
  2. VISITA AULA DA NATUREZA DO ALOIA.
  3. RÍO TRIPES.
  4. PARQUE DO PENEDO.
  5. KAIAK NO CENTRO INTERFEDERADO NO RÍO MIÑO.

PROGRAMA TENIS NA ESCOLA

PROGRAMA TENIS NA ESCOLA

Por 3º ano consecutivo, colaboramos coa federación galega de tenis, e recibimos durante 4 semanas material a prestamo (24 raquetas e bolas de tenis de diferentes características).

O obxectivo e aproximar este deporte de raqueta ao noso alumnado, cunha unidade didáctica, onde traballamos lanzamentos, recepcións, uso de implementos, etc.

Iniciándose así ao Tenis.

 

XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022

XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022

O pasado venres 11 de novembro celebramos a festa do magosto, coincidindo este ano co día do S. Martiño. Decidimos aproveitar esta celebración para practicar xogando a xogos populares, organizando varios obradoiros onde recuperamos a formación de 8 equipos co alumnado misturado dende infantil ata 6º curso de primaria.

Os obradoiros de xogos foron os seguintes:

  1. Billarda ou xogo da pincha no pavillón.
  2. As torres cos carozos do millo no patio cuberto.
  3. As carreiras de sacos na zona verde a carón do parque.
  4. Os bolos ou birlos na parte dinateira da sala de mestr@s.
  5. O xogo da chave de aspas fronte a clase de música.
  6. Xogos pintados na zona da calustra.
  7. Xogos pintados na zona da calustra.
  8. Relevos coas castañas no patio da entrada ao pavillón.

Sen dúbida foi unha xornada moi intensa e divertida, que rematou coas merendas, un ano máis cos choripans e coas castañas asadas.

TRABALLIÑOS DOS NEN@S SOBRE AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DO 1º TRIMESTRE

Durante o primeiro trimestre deste novo curso 2021/2022; o alumnado do noso cole por fin pudo participar nalgunhas probas deportivas, tras pasar moito tempo sen ter actividades de Xogade por mor do Covid19.

As actividades feitas son:

  1. Carreira de campo a través para os cursos de 2º e 4º de educación primaria no CEP Pedro Caselles en Tomiño.
  2. III Xornada de xogos populares intercentros para as clases de 6º curso de educación primaria en Tomiño: Billarda, Bolos Celtas e a Chave de Aspas.
  3. IV Carreira solidaria da nosa escola de Guillarei, organizada no torreiro da festa.
  4. Xornada de xogos populares durante a festa do Magosto na escola.
  5. Carreira de campo a través para os cursos de 3º e 5º de educación primaria no CEP Pedro Caselles en Tomiño.

A continuación tedes un resumo dos traballiños do alumnado.

NOA DE 4º CURSO

XAVIER DE 4º CURSO

ZAIRA DE 4º CURSO

LUCAS DE 4º CURSO

ZAIRA

ANAIS DE 4º CURSO

XAVIER

IKER RENDO DE 3º CURSO

NICO DE 3º CURSO

INTISAR DE 3º CURSO

DEPORTE EN FAMILIA

DEPORTE EN FAMILIA

ORIENTACIÓN DEPORTIVA  NA EUROCIDADE TUI-FAMILIA

LUCAS E XAVI DE 4º CURSO E FAMILIAS

Varios alumn@s e as súas familias participaron o pasado o pasado 24 de outubro na proba de Orientación Deportiva celebrada en 2 quendas entre Valença do Miño (de mañá) e Tui (pola tarde).

Os obxectivos se cumpriron , xa que ademais de facer deporte é aprender a orientarse, co uso dun mapa, tamén  compartiuse coa familia e amigos una xornada moi divertida e che ade emocións.

Parabéns a todos os participantes.

MICAELA E LORENA DE 5º CURSO COAS SUAS FAMILIAS

FAMILIAS DE LIDIA DE 6º E LUCAS

ORIENTACIÓN DEPORTIVA NA EUROCIDADE VALENÇA- TUI 2021

O próximo domingo 24 de outubro vaise celebrar a III edición da carreira de Orientación Deportiva. 

Será unha excelente oportunidade de facer deporte en familia ou con amig@s.

Lembrade o prazo de inscrición remata o 20 de outubro.

Mais información no panel do proxecto deportivo da escola de Guillarei. 

E na páxina web www.xestanatureza.com

ANIMÁDEVOS

COMEZAMOS CO PROGRAMA DA "MILLA" OUTRO ANO MÁIS,

Esta semana algúns cursos xa comezaron a facer a "Milla diaria", algunhas clases (4º, 2º, ...) sairon a camiñar ou trotar polo percorrido do torreiro da festa e otros grupos a fan arredor da escola.

Moito ánimo.

 

EUROPEAN SCHOOL SPORT #BE ACTIVE

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR

A nosa escola organiza unha proposta de probas deportivas durante varios días previo á celebración de "día europeo do deporte escolar" que será o venres 24 de setembro.

A idea é completar 3 retos colaborativos en cada aula de primaria e infantil.

MARTES 21: FACER A MILLA (1.609 metros) todos xuntos.

MÉRCORES 22: BAILAR UNHA CANCIÓN divertida.

XOVES 23: PASAR UNHA PELOTA SEN QUE CAIA AO CHAN (15 TOQUES)

A CLASE QUE A SUPERE O RETO OBTERÁ UNHA INSIGNIA E FINALMENTE OUTORGAREMOS UN DIPLOMA ÁS AULAS.

O VENRES 24: Celebraremos a xornada especial con varios xogos deportivos.

EN EDUCACIÓN PRIMARIA:

1- BÁDMINTON

2- XOGO DO BRILÉ OU MINI BASKET

3- MINI BALONMÁN

4- VOLEI XIGANTE

5- MINI FÚTBOL

6- O XOGO DOS BOLOS

7- O ROCÓDROMO

EN EDUCACIÓN INFANTIL CON VARIOS AMBIENTES DEPORTIVOS

1- RECORRIDOS XERAIS LÚDICOS

2- CIRCUITO DE XOGOS

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DEPORTIVAS

Actividades deportivas organizadas polo Concello (Tenis e patinaxe): suspendidas polo COVID 19. Aínda co grupo de Tenis comezou a participar a partir de Abril.

MÁIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA

Programa “Máis e mellor actividade física”: Piragüismo no río Miño co club Kayak Tudense cos grupos de 5º e 6º curso, orientación deportiva no entorno do colexio e na carballeira do torreiro da festa a carón das clases de infantil. Traballando de xeito interdisciplinar con contidos de ciencias, matemáticas e lingua galega. Como por exemplo no uso de compás, coñecer elementos da natureza, facendo resumos, fichas na aula, debuxos, ... relacionados coas actividades.

 

Momento de lecer final e baño.

No río coas piraguas.

CAMPAMENTO DE VERÁN DEPORTIVO DA ANPA

Campamento de verán multideportivo: NOVIDADE este ano organizado pola ANPA do colexio e que de momento so sabemos que hai unha alta participación de alumnado do centro e que está enfocado dun xeito lúdico e deportivo.

MÓVETE MÁIS "Jerusalema".

Programa “Móvete máis” (coreografía grupal divertida): realizouse durante os meses de setembro e outubro con cada grupo burbulla a coreografía “Jerusalema”, quedando sen facer o baile grupal todos xuntos no 3º trimestre.

FORMACIÓN DE MESTRES EN RUTAS NÁUTICAS EDUCATIVAS

FORMACIÓN ESPECÍFICA DE MESTRES

O pasado 11 de xuño o mestre de educación física participou nunha formación específica sobre rutas náuticas educativas en Kayak cara as bateas da ría de Vigo fronte a Moaña, acompañados por un experto no cultivo do mexilón e nunha andaina relacionada coa historia mariñeira da vila de Cangas do Morrazo e a industria conserveira e das baleas da familia Masó, acompañados con guías turísticos.

O obxectivo desta experiencia e levar o próximo ano ao alumnado para que teña experiencias interdisciplinares sobre estes contidos.

Estas actividades están organizadas por ECODESTIN (Proxecto europeo INTERRG) en Moaña e Cangas do Morrazo en xuño 2021.

Iniciación ao piragüismo

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (PVAD): “GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE”

O pasado mércores 9 de xuño os grupos de 5º e 6º curso de educación primaria, participaron nunha xornada especial, con 2 experiencias moi interesantes como foron:

1º) A realización dunha ruta pola cidade vella de Tui titulada “O túnel de Dona Urraca”: tendo como saída a praza de S.Fernando na Catedral, o alumnado mediante un plano con pistas foi descubrindo e aprendendo moitas cousas de Tui e de Dona Urraca “A Temeraria”.

Ao rematar esta ruta, continuamos camiñando pola alameda cara a mariña a carón do río Miño, onde tivemos a sorte de coincidir co Cabo Fragata. Xa no parque do Penedo, merendamos e tivemos un ratiño de lecer e xogar na tirolina e tobogán.

2º) Xa no centro interfederado do río Miño, esperábannos Manuel (presidente), Jose Luis Bouza (adestrador e subcampión do mundo de piragüismo )e Raimon (monitor); membros do club Kayak Tudense; os cales foron moi amables e iniciáronnos na práctica de iniciación ao piragüismo, deporte tan arraigado na nosa contorna.

 

Distribuir contido