Magosto

XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022

XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022

O pasado venres 11 de novembro celebramos a festa do magosto, coincidindo este ano co día do S. Martiño. Decidimos aproveitar esta celebración para practicar xogando a xogos populares, organizando varios obradoiros onde recuperamos a formación de 8 equipos co alumnado misturado dende infantil ata 6º curso de primaria.

Os obradoiros de xogos foron os seguintes:

  1. Billarda ou xogo da pincha no pavillón.
  2. As torres cos carozos do millo no patio cuberto.
  3. As carreiras de sacos na zona verde a carón do parque.
  4. Os bolos ou birlos na parte dinateira da sala de mestr@s.
  5. O xogo da chave de aspas fronte a clase de música.
  6. Xogos pintados na zona da calustra.
  7. Xogos pintados na zona da calustra.
  8. Relevos coas castañas no patio da entrada ao pavillón.

Sen dúbida foi unha xornada moi intensa e divertida, que rematou coas merendas, un ano máis cos choripans e coas castañas asadas.

XOGANDO NA FESTA DO MAGOSTO 2021

 

XOGANDO NA FESTA DO MAGOSTO

O pasado martes 9 de novembro celebramos a FESTA DO MAGOSTO no noso colexio de Guillarei. Ademais de comer as castañas asadas pola ANPA, este ano houbo “chouripán” e coma sempre un percorrido con 7 estacións con diferentes xogos populares, autóctonos e tradicionais, como por exemplo: xogamos a billarda (pincha ou estornela), relevos cun culler e castaña, o xogo do aro, carreiras de sacos, as construcións coas espigas do millo, o xogo dos bilos, a rá, a chave de aspas, os zancos ou o sogatira.

 

Sen dúbida foi unha xornada lúdica e de convivencia.

 

 

 

 

BOLOS

CONSTRUCIÓNS CO MILLO

O XOGO DA CHAVE DE ASPAS

XOGOS POPULARES NO MAGOSTO

Xogos populares no magosto: organizamos unha zona diferente para grupo burbulla, na cal cada clase durante máis dunha hora xogou a diferentes xogos populares. En total foron 7 espazos separados respectando as normas do protocolo, con distancias e sen compartir os materiais.

MAGOSTO 2019

O pasado mércores celebramos a festa do magosto na nosa escola. a xornada desenvolveuse con varias actividades como cantar unha canción popular galega, participar nos obradoiros dos xogos populares. O tempo axudou moito, xa que fixo sol e poidemos comer as castañas no patio.

Os obradoiros de xogos este ano foron os seguintes:

1- O xogo da rá.

2- Construción de torres cos carozos do millo.

3- Relevos coa culler.

4- Os birlos ou bolos celtas.

5- Xogos co paracaídas e castañas.

6- Equilibrios cos zancos, a goma o aro guía.

7- Carreiras de sacos, colar fichas e as buxainas

Magosto 2018

Magosto 2018

MARTES 13 de Novembro a partir das 10.30 no torreiro da festa de Guillarei.

Este ano terá o seguinte programa:

10:45 II Carreira Solidaria para axudar ao banco de alimentos de SOS Tomiño-Baixo Miño (podedes traer LEITE e CACAO xa durante estes días ao colexio). A carreira ten espíritu participativo e solidario e tamén participarán mestr@s, alumnado e as familias que se animen a correr ou camiñar un pouco.

Animádevos e vir a participar fomentando así o deporte e a solidaridade

12:00 Obradoiros de xogos populares galegos.

13:00 Tempo de comer castañas.

 

Distribuir contido