Visitas e ponencias

O noso cole sáe no Faro de Vigo

O pasado 4 de marzo, o Faro de Vigo no suplemento deportivo "Campeones", fixo unha reportaxe da nosa xornada especial adicada non só a práctica deportiva do campo a través, senon ao traballo da educación valores como a solidaridade, respeto, convivencia, ...

Lembremos que nesa xornada tivemos a sorte de recibir na nosa escola aos membros do equipo Kennel Den e coñecer o deporte do Mushing e as suas modalidades. Ademáis colaboraboramos unha  vez máis coa protectora de animais Aloia de Tui, os cales montaron un posto de venda de cousiñas que as familias, nen@s e mestr@s mercamos. Tamén aproveitamos a ocasión para facerlle a entrega de todos os alimentos recaudados durante os días previos para os cans da protectora.

Por último celebramos a IV edición da nosa carreira de campo a través solidaria, na cal participou toda a comunidade educativa.

Sen dúbida unha gran experiencia.

PANEL INFORMATIVO DO PROXECTO

Diferentes programas que se desenvolveron no curso 2018/2019

A nosa mascota "Guillasport" que nos acompaña nas probas deportivas e xogos.

VISITA DE LINO E DAVID, DOUS JUDOKAS IMPRESIONANTES!!

O pasado venres tivemos o pracer de contar coa visita de Lino Martinez Perez e David do Judo Club Tudense.

Non todos os días se poden escoitar as vivenzas e aprendizaxes dun campión do mundo e dúas veces campión de Europa.

Foi unha charla moi entretida, na que aprendemos os auténticos valores que os deportes deben transmitir como son o respecto, a amizade e o desfrute.

Ao final ata puidemos practicar algunhas chaves que nos fixeron sentir coma auténticos judokas.

Moitas grazas David e Lino por esta experiencia!!!

 

 La imagen puede contener: 1 persona, sonriendo, de pie y niñosLa imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, personas de pie e interior  

La imagen puede contener: 19 personas, personas sonriendo, interior

La imagen puede contener: 11 personas, personas sonriendo, personas sentadas, calzado e interior

Visita e ponencia de Lino Martínez e David Morais (Judo)

 

O PRÓXIMO VENRES 5 DE ABRIL VISÍTANNOS

na Biblioteca do Colexio a partir das 12 horas para o alumnado de primaria e as 13 horas para infantil.

·   LINO MARTÍNEZ (Judoka tudense"Campión do Mundo WIBK") e DAVID MORAIS (Judoka, fundador e presidente do Judo club tudense).

 

VISITA A NOSA ESCOLA CHANO RODRÍGUEZ

O próximo mércores 2 de maio vai visitar o noso colexio o nadador paralímpico Chano Rodríguez Veloso.

.

Destacar no seu amplo currículo deportivo a participación en 5 Xogos Paralímpicos e que na actualidade é o deportista español con máis medallas.

Sen dúbida vai ser unha experiencia moi interesante para todo o colexio.

 

VISITA DE MARÍA CORVACHO "VIDA SÁ"

 

Durante o mes de decembro tivemos a visita de María Corvacho, que contounos moitas cousas interesantes sobre a alimentación e a vida saudable. Esta actividade foi organizada polo equipo da biblioteca do colexio e o proxecto deportivo do centro.

 

Distribuir contido