Xogos populares

XOGANDO NA FESTA DO MAGOSTO 2021

 

XOGANDO NA FESTA DO MAGOSTO

O pasado martes 9 de novembro celebramos a FESTA DO MAGOSTO no noso colexio de Guillarei. Ademais de comer as castañas asadas pola ANPA, este ano houbo “chouripán” e coma sempre un percorrido con 7 estacións con diferentes xogos populares, autóctonos e tradicionais, como por exemplo: xogamos a billarda (pincha ou estornela), relevos cun culler e castaña, o xogo do aro, carreiras de sacos, as construcións coas espigas do millo, o xogo dos bilos, a rá, a chave de aspas, os zancos ou o sogatira.

 

Sen dúbida foi unha xornada lúdica e de convivencia.

 

 

 

 

BOLOS

CONSTRUCIÓNS CO MILLO

O XOGO DA CHAVE DE ASPAS

XOGOS POPULARES NO CEP PEDRO CASELLES EN TOMIÑO

XOGOS POPULARES NO CEP PEDRO CASELLES EN TOMIÑO

 

O xoves día 11 de Novembro, participamos coa clase de 6º curso de educación primaria nunha competición de “Xogos Populares” con outras 12 escolas do Baixo Miño (Salceda de Caselas, Tomiño e Tui).

GRUPO DE 6⁰ CURSO

Na xornada se xogaron  3 quendas, xogando aos Bolos Celtas, a Billarda e a Chave de Aspas. Ademais de participar, aprendemos cousiñas novas como un xeito diferente de xogar aos bolos (cos tiros e os birlo), na billarda co palán e o varal e na Chave cos peios ou pezas.

BOLOS CELTAS

 A BILLARDA

BOLOS CELTAS

A CHAVE DE ASPAS

 

XOGOS POPULARES NO MAGOSTO

Xogos populares no magosto: organizamos unha zona diferente para grupo burbulla, na cal cada clase durante máis dunha hora xogou a diferentes xogos populares. En total foron 7 espazos separados respectando as normas do protocolo, con distancias e sen compartir os materiais.

MAGOSTO 2019

O pasado mércores celebramos a festa do magosto na nosa escola. a xornada desenvolveuse con varias actividades como cantar unha canción popular galega, participar nos obradoiros dos xogos populares. O tempo axudou moito, xa que fixo sol e poidemos comer as castañas no patio.

Os obradoiros de xogos este ano foron os seguintes:

1- O xogo da rá.

2- Construción de torres cos carozos do millo.

3- Relevos coa culler.

4- Os birlos ou bolos celtas.

5- Xogos co paracaídas e castañas.

6- Equilibrios cos zancos, a goma o aro guía.

7- Carreiras de sacos, colar fichas e as buxainas

Magosto 2018

Magosto 2018

MARTES 13 de Novembro a partir das 10.30 no torreiro da festa de Guillarei.

Este ano terá o seguinte programa:

10:45 II Carreira Solidaria para axudar ao banco de alimentos de SOS Tomiño-Baixo Miño (podedes traer LEITE e CACAO xa durante estes días ao colexio). A carreira ten espíritu participativo e solidario e tamén participarán mestr@s, alumnado e as familias que se animen a correr ou camiñar un pouco.

Animádevos e vir a participar fomentando así o deporte e a solidaridade

12:00 Obradoiros de xogos populares galegos.

13:00 Tempo de comer castañas.

 

Xogos populares en Tui

Bolos Celtas

Resumo fotográfico da xornada de xogos populares para as clases de sexto que se celebrou no terceiro trimestre nas instalacións do CEIP nº 2 de Tui e na que participaron colexios de Tui e Tomiño, xogando a Billarda, Petanca, Chave, Bolos Celtas, A rá, zancos, carrilanas ou as buxainas.

Carrilanas

Billarda

Distribuir contido