A Milla Diaria

Programa que consiste da realización dunha milla diaria (1.606 metros), no torreiro da festa de Guillarei que está a carón da nosa escola.

A MILLA

A MILLA DIARIA

 

ESTE ANO A CAUSA DO MAL TEMPO NO 1º TRIMESTRE E PARTE DO 2º, CASE NON PARTICIPAMOS NA MILLA. ALGUNHAS CLASES FIXO O PERCORRIDO DE XEITO OCASIONAL.

 

COMEZAMOS CO PROGRAMA DA "MILLA" OUTRO ANO MÁIS,

Esta semana algúns cursos xa comezaron a facer a "Milla diaria", algunhas clases (4º, 2º, ...) sairon a camiñar ou trotar polo percorrido do torreiro da festa e otros grupos a fan arredor da escola.

Moito ánimo.

 

A MILLA DIARIA EN TEMPOS DO COVID 19

 Alumnado de 4º curso facendo a milla.

Programa “A milla diaria (suma semanal e mensual): Este programa, conseguimos levalo a práctica durante todo o curso. Participaron todo o alumnado e profesorado (andando ou trotando) de infantil e educación primaria.

Traballamos de forma transversal e interdisciplinar os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas , sedentarismo asociado a pantallas-).

O percorrido foi medido empregando novas tecnoloxías, tendo unha distancia de 540 metros, precisando realizar 3 voltas para alcanzar a distancia de 1 milla. O alumnado e profesorado anotou ao longo do curso a medición diaria nunha folla de control posta cada mes no panel informativo do PVDA que está na entrada da biblioteca.

Destacaron especialmente os cursos de 3º e 4º curso de educación primaria, cunha participación moi alta cada mes. Parabéns a tod@s e o próximo ano moito ánimo a tod@s.

2º curso

3º curso

 

 

 

4 meses facendo a milla diaria

Xa levamos máis de 4 meses facendo a milla diaria con algúns cursos. 

Tras non poder facela antes do nadal por causa das fortes chuvias e temporales, agora coa chegada do bo tempo xa estamos a tope coa milla cada día as 11.15 horas.

Inicio da Milla Diaria

Hoxe comezamos co programa da Milla Diaria (1606 metros). As clases de quinto, cuarto, primeiro e os grupos de infantil (3, 4 e 5 anos) sairon as 11.15 ao recinto do torreiro para percorrer unha milla dando 3 voltas grandes.

Uns foron a trote e otros camiñando un pouco, o mais importante e que foron uns minutos divertidos e activos. Bravo alumnado e profes participantes. Mañán máis. 

Distribuir contido