Xogando no recreo (patios activos)

PATIOS ACTIVOS 2022/2023

PATIOS ACTIVOS 2022/2023

Este ano volvemos a normalidade neste programa. Co cal retomamos o prestamo de materiais (feito polo alumnado de 6º e 5º) e a proposta de varios recunchos de xogos e deportes, que foi mudando cada trimestre.

Todo isto informado no panel, xunto con outras cuestións que foron xurdindo ao longo do ano. Como por exemplo  no pavillón houbo sesións de  "deslizamentos" (patinaxe, rollers, skates e patinetes)  xogos con raquetas (bádminton ou tenis), ou xogos e deportes  variados, ou nos patios exteriores cos xogos pintados na zoina da calustra.

REDREOS ACTIVOS

RECREOS ACTIVOS

POR FÍN NO 3º TRIMESTRE VOLVIMOS A UNHA RELATIVA NORMALIDADE, XA QUE ATA ENTÓN; OS RECREOS FORON ORGANIZADOS EN GRUPOS BURBULLA, E AGORA VOLTAMOS A ESTAR TODOS XUNTOS.

 

Xogando no recreo 2021

Dende o primeiro día de colexio xa temos os materiais repartidos polas distintas clases do colexio. Ao igual co ano pasado, seguimos co protocolo COVID19, polo que non se poden xuntar os nen@s das distintas aulas; así pois imos preparado uns caixóns con material diverso (aros, cordas, pelotas, etc) para xogar no tempo de lecer libremente e no espazo asignado para cada grupo burbulla.

RECREOS ACTIVOS E PATIOS DINÁMICOS ADAPTADOS AO PROTOCOLO COVID19

Recreos activos e patios dinámicos: Este curso tivemos que adaptarnos o protocolo do COVID19, co cal repartimos un baúl de material diverso a cada grupo/clase, o cal só podía xogar cada grupo burbulla e na zona indicada de cada grupo no patio exterior do patio ou no pavillón nos días de chuvia. Destacar que houbo dúas quendas de recreo. O como reflexión indicar que o positivo deste ano o alumnado xogou máis cos seus compañeir@s de seu grupo-clase.

petanca

 

 

 

Deslizamentos no recreo

Como todos os anos en outubro xa comezamos coa xornada semanal de deslizamentos cada luns no pavillón do colexio.

Patíns, rolllers, skates, patinetes, ... un xeito divertido de pasar o recreo cos compis do cole.

PATIOS ACTIVOS 2019-2020

Cartel das zonas de xogos.

Bádminton e Floorball no pavillón. 

Voleibol e Fútbol Sala 

Xogos de patio "mini volei"

mini volei

Os patios activos son unha boa alternativa para pasar o tempo de lecer de xeito divertido facendo actividade física.

XOGANDO NO RECREO (Tempo de lecer activo)

CARTEL DAS QUENDAS E DISTINTOS RECUNCHOS DE XOGOS

 MATERIAL DO PRESTAMO NOS PATIOS DO EXTERIOR

XOGANDO NO RECREO (Tempo de lecer activo)

Nestas imaxes podemos ver diferentes xogos ofertados no proxecto "xogando no recreo", co obxectivo de dinamizar os distintos espazos do colexio e fomentar a actividade lúdico entre o alumnado.

Terceira xornada de Educación Viaria no recreo

Hoxe luns 22 de maio, levouse a practica unha nova xornada de educación viaria. O percorrido tivo unhas pequenas novidades e pouco a pouco os nen@s van aprendendo a importancia de respectar as normas de circulación.

Parabéns aos voluntarios do control e os/as ciclistas.

1ª XORNADA DE EDUCACIÓN VIARIA NO CEIP PLURILÍNGÜE DE GUILLAREI

 

 

O pasado luns 8 de maio no tempo de lecer organizamos a primeira xornada de educación viaria no pavillón da escola.

Distribuir contido