Aliméntate ben

Programa que engloba 3 subprogramas como son: Froitas na escola, ponle as pilas ao teu bocata e o sabor da aventura está no mar. Ademais hemos o obxectivo de recomendar meriendas saludables.

PRATOS SAUDABLES DE GADISA

PRATOS SAUDABLES DE GADISA

 

ESTE ANO A TOTALIDADE DO ALUMNADO FOI AGASALLADO CUN PRATO SAUDABLE E UN LIBRIÑO DE RECEITAS , DONADO POR GADISA. O OBXECTIVO DO CENTRO É CONTINUAR TRABALLANDO NA CONCIENCIACIÓN DA IMPORTANCIA DOS HÁBITOS SAUDABLES, NESTE CASO NA ALIMENTACIÓN.

POR OUTRA PARTE CONTRIBUIMOS CO FOMENTO DOS ODS 2030, RETO A SEGUIR TRABALLANDO.

Alimentación saudable

Este ano non participamos nos 3 programas do proxecto por mor do Covid19 e o protocolo de centro; a intención do centro é recuperalos de cara o curso que ven.

Aínda así seguimos recordando as familias e o alumnado a importancia de ter uns bos hábitos alimenticios. E intentase recomendar que as merendas dos nenos e nenas sexan o máis saudables posibles.

Batidos saudables nas clase de terceiro

Dentro do programa de alimentación saudable levaronse a práctica varias actividades como a elaboración de batidos saudables, facer bocatas diferentes, froita nos recreos ou as recomendacións pautadas de merendas diarias dende as titorías.

preparando as diferentes froitas

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Este ano o noso cole participa novamente no Programa Alimentate ben! Repetindo a experiencia do curso pasado voltamos a contar coa modalidade FROITA NA ESCOLA, e como novidade participamos en 2 modalidades máis, PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA e O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR.

 

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
Esta campaña esta deseñada para a dar o coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma.

 

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
Esta campaña ten o dobre obxetivo de facilitar o coñecemento e consumo dos produtos do mar entre os nenos e nenas.

Deste xeito aprendemos a facer bocadillos máis saudable, coñecemos os beneficios que nos aportan os produtos do mar, etc... e todo dun xeito lúdico ao par que didáctico.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

   

 

LÁCTEOS E FROITAS NA ESCOLA

Durante estas semanas na nosa escola se está repartindo leite no tempo das merendas, lembrar que esta proposta forma parte do P.D.C. “Guillarei activo e saudable” co obxectivo de mellorar a toma de lácteos no alumnado.

FROITA NA ESCOLA (MERENDAS SAUDABLES)

Durante este curso a nosa escola promoveu as merendas saudables, este ano participamos no proxecto "Froita na escola", no que durante varias quendas nos 3 trimestres repartiuse froita variada de xeito gratuito entre todo o alumnado de educación infantil e primaria.

Distribuir contido