Camiña/en bici á escola.

Aínda que temos servizo de transporte escolar. Animamos ao alumnado que vive pertiño da escola a vir camiñando e ademais levamos 4 anos organizando obradoiros e xornadas de educación viaria no pavillón do colexio coa totalidade do alumnado.

GRAN CAMIÑO (VOLTA A GALICIA) 2023

GRAN CAMIÑO (VOLTA  A GALICIA) 2023

 

ESTE ANO TRAS INVITACIÓN DO CONCELLO, TODO O ALUMNADO E MESTR@S DO COLEXIO SAÍMOS CAMIÑANDO A ESTRADA XERAL TUI - PORRIÑO PARA DAR ÁNIMOS E PODER VER IN SITU AOS CICLISTAS PROFESIONAIS QUE PARTICIPARON NESTA NOVA EDICIÓN DA VOLTA "O GRAN CAMIÑO".

UNHA EXPERIENCIA NOVA E MOTIVANTE PARA TOD@S.

Educación viaria na escola

 

Durante o pasado mes de maio, por terceiro ano organizamos 3 xornadas de educación viaria na escola.

 A proposta contou como máximos protagonistas ao alumnado do colexio, os cales divididos en 3 grupos (Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º ; e por último os maiores de 4º ata 6º curso de primaria)participaron dun xeito activo nun percorrido dentro do pavillón.

O alumnado de 4º curso de primaria colaborou como axentes responsables de que os ciclistas respetaran as normas de circulación.

Parabéns para tod@s.

Distribuir contido