Máis e mellor actividade física (MMAF)

CARREIRA SOLIDARIA DE SAN TELMO (TUI-2024)

O pasado sábado 6 de abril varios alumn@s e familias, participaron na CARREIRA SOLIDARIA DE SAN TELMO en Tui. Houbo representación en todas as categorías, nunha xornada onde o tempo deu unha tregua e puidose desfrutar moito.

ÁNXELA PÉREZ A NOSA CAMPIOA DE CAMPO A TRAVÉS 2023 NOS REPRESENTA NA PROBA PROVINCIAL

ÁNXELA PÉREZ A NOSA CAMPIOA DE CAMPO A TRAVÉS 2023 NOS REPRESENTA NA PROBA PROVINCIAL

A nosa alumna  de 3º curso de educación primaria, representou a nosa escola no campionato provincial de carreira de campo a través celebrado nas instalacións do alto de San Cosme en Vigo.

Participou na categoría benxamín femenina e fixo unha carreira excelente contra nenas de clubs federados.

Moitos parabéns para ANXI, toda unha campioa.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 6º

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 6º

 

A PRINCIPIOS DE XUÑO O ALUMNADO DE 6º ACOMPAÑADOS POR DÚAS MESTRAS DESFRUTARON DE 3 DÍAS MOI INTENSOS E DIVERTIDOS EN OLEIROS (A CORUÑA).

PARTICIPARON EN DIVERSAS ACTIVIDADES E XOGOS DEPORTIVOS (PADEL SURF, KAIAK, LASER TUB, ...) E ADEMAIS FIXERON VARIAS VISITAS CULTURAIS POLA CIDADE DA CORUÑA.

CARREIRA DE SAN TELMO 2023

CARREIRA DE SAN TELMO 2023

O pasado 15 de abril varios alumn@s e mestr@s do colexio participaron nunha nova edición da carreira popular de San Telmo de Tui.

Un éxito de participación e ambiente saudable.

ALOIADA 2023

ALOIADA 2023

Onte no concello de Tui, tivemos a 2ª reunión organizativa da Aloiada 2023.

Este ano participamos os colexios de Pazos de Reis, Rebordáns, Maristas, Nº 1 de Tui, Caldelas, Nº 2 de Tui e a nosa escola de Guillarei coas clases de 6º de Ed. Primaria.

 

CARREIRA ZONAL CAMPO A TRAVÉS (CALDELAS 2022)

CARREIRA ZONAL CAMPO A TRAVÉS (CALDELAS 2022)

Participaron un grupo de alumn@s do noso colexio nesta proba zonal, celebrada o sábado 12 de novembro do 2022. Parabéns a tod@s os participantes na ribeira de Caldelas de Tui a carón do río Miño.

CARREIRA DE MONTAÑA "ALOIA KIDS" 2023 NO MONTE ALOIA

CARREIRA DE MONTAÑA "ALOIA KIDS" 2023

MONTE ALOIA (A MACOCA)

Alta participación por 2º ano consecutivo nesta proba no monte da Macoca (P. Natural do Monte Aloia). Sábado de tarde moi calurosa pero divertida e chea de emocións. Moitos parabéns a tod@s. 

 

 

 

XORNADAS DE BÁDMINTON (ZONAL)

XORNADAS DE BÁDMINTON (ZONAL)

Durante os meses de febreiro e marzo do 2023, os martes e mércores pola tarde de 16 a ta 20 horas, participamos nas xornadas de bádminton do baixo miño.

En Tui xogamos no pavillón do CEIP de Randufe e xa na gran final en marzo no pavillón da Carballa en Tomiño.

Parabéns a tod@s os participantes.

CARREIRA DE SAN TELMO 2022

CARREIRA DE SAN TELMO 2022

No pasado mes de abril participamos na popular carreira de San Telmo 2022 en Tui.

Tras 2 anos suspendida este organizouse e a nosa escola esrtivo presente con case 30 atletas desde os pequeniños de infantil ata 6º de educación primaria.

Moitos parabens para tod@s.

 

 

 

CROS ESCOLAR ABANQUEIRO NO CUVI

CROS ESCOLAR ABANQUEIRO NO CUVI

Nas instalación do CUVI en Vigo participamos neste proba tan popular de campo  a través, ata alí desprazaronse varios alumnos da escola.

Disfrutando dun bo día e con ambiente deportivo.

 

 

 

Escalada

Escalada : Módulos hinchables segurosEscalada : Módulos hinchables seguros

ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL

ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL

Este curso realizamos varias actividades no medio natural como por exemplo:

  • ALOIADA 2022 coa clase 6º curso con outras escolas de Tui durante 2 xornadas enteiras con actividades como escalada, rappel, sendeirismo, piragüismo, scouts, orientación deportiva, nudos, primeiros auxilios, etc.
  • ANDAINA pola senda do río lagartón.
  • ORIENTACIÓN DEPORTIVA no torreiro da festa de Guillarei e na IV edición EUROCIDADE TUI-VALENÇA.

RUTA DO TRIPES NA ALOIADA

GRUPO DA ALOIADA NO MIRADOIRO DA CRUZ NO MONTE ALOIA

FOTO OFICIAL ALOIADA 2022

OBRADOIRO DE NOS NO MONTE GALIÑEIRO

MOMENTO BAÑO COAS PIRAGÜAS NO RÍO MIÑO

CHEGOU A CHUVIA NA HORA DE XANTAR NO GALIÑEIRO

ESCALADA E RAPPEL NAS PAREDES DO GALIÑEIRO

SENDEIRISMO CARA TUI DENDE O ALOIA

ORIENTACIÓN EUROCIDADE

 

 

Distribuir contido