D.A.F.I.S (Valoración da condición física)
DAFIS 22/23
Enviado por fdsobral o 27 Xuño, 2023 - 12:31DAFIS 22/23
COLABORACIÓN DE TITORA E COIDADORA NA MEDICIÓNS DE PERÍMETROS.
POR 6º ANO CONSECUTIVO PARTICIPAMOS NO PROGRAMA DAFIS; ESTE CURSO COMPLETAMOS O CICLO DUN GRUPO ESCOLAR QUE PARTICIPA OS 6 ANOS DE ESCOLARIZACIÓN NA EDUCACIÓN PRIMARIA.
Course Navetta
FLEXIBILIDADE E FORZA CO DINAMÓMETRO MANUAL.
CONTROL DE TALLA.
DAFIS 2022
Enviado por fdsobral o 5 Xullo, 2022 - 17:04DAFIS 2022
Un ano máis seguimos facendo as probas físicas do programa DAFIS.
DAFIS ADAPTADO A 1ª OPCIÓN DO PROTOCOLO
Enviado por fdsobral o 25 Xuño, 2021 - 12:22
Proba de flexibilidade
Programa DAFIS (Valoración da condición física): Programa que serve para o control e valoración da condición física a saúde do alumnado de 1º a 6º curso de educación primaria, coa realización de diferentes probas físicas adaptadas á 1ª opción do protocolo, como por exemplo:
1ª OPCIÓN. Mantemos o protocolo proposto pola Xunta de Galicia. Mesmas probas en todas as idades. Consideracións:
a) Uso continuo da máscara.
b) Desinfección de materiais antes e despois de cada uso: ◦ Material de antropometría: tallímetro, báscula e cintas. ◦ Dinamómetro dixital, material velocidade-axilidade, caixón de flexibilidade e barra horizontal.
c) Mantemos a distancia de seguridade en todas as probas, incrementada a 2,5 metros, con especial atención na proba da Course Navette. Ventilamos ao máximo o espazo cerrado: pavillón escolar, cos 2 portóns abertos.
Os datos destas probas están rexistrados no programa DAFIS, do cal o coordinador do noso colexio fixo formación fai 4 anos en Vigo e fai 7 anos en Santiago de Compostela. Todo o alumnado de educación primaria pasou as probas físicas e as diferentes medicións durante o primeiro trimestre do curso.
Axilidade e velocidade.
Forza
Peso e altura.
Forza isométrica
Perímetros de cintura e cadeira.
Altura
Panel informativo.
DAFIS 2019
Enviado por fdsobral o 11 Septembro, 2019 - 13:58- DAFIS, no ámbito educativo escolar, é un protocolo de valoración da Condición Física (CF) relacionada coa saúde que pode utilizar o profesorado de E.F. e o seu alumnado (baixo supervisión).
- Inclúe unha batería multicompoñente da CF. Todas as probas de CF cumpren os criterios de validez, fiabilidade, economía de aplicación e sustentabilidade.
- Os seus resultados poden compararse con valores criterio (puntos de corte) ou con valores normativos (percentís poboacionais). * criterio: IMC / Course navete (resistencia cardiovascular).
O resultado obtido xa ten un valor en si mesmo. * norma: resto de probas (establece un valor en función da mediana existente na plataforma para a mesma idade e sexo no momento de realizar as probas.
- Os resultados introdúcense nunha plataforma web, construída ad-hoc, que os avalía de forma automática e emite diferentes informes. - No ano 2018, DAFIS foi seleccionada pola oficina europea da OMS como mellor exemplo de boas prácticas en España para a promoción da actividade física no ámbito escolar.
Flexibilidade
A totalidade do alumnado do colexio por terceiro ano consecutivo participa no programa DAFIS sobre a valoración da condición física e o control de varios parámetros de saúde.
Salto de lonxitude
Proba de forza isométrica co dinamómetro manual
DAFIS
Enviado por fdsobral o 27 Xuño, 2018 - 12:35Entre os meses de febreiro e marzo do 2018 o alumnado de educación primaria estivo pasando diversas probas físicas relacionadas co programa de condición física como por exempo:
1- Control de talla e peso.
2- Medición de perímetros de cadera e cintura.
3- Course Navette, valoración de capacidade de resistencia.
4- Test de flexibilidade "Sit and reach".
5- Proba de axilidade e velociadade coas esponxas.
6- Dinamómetro manual.
7- Forza de tren superior na barra horizontal.
8- Proba de forza explosiva de tren inferior na proba de salto horizontal.