Xogade (deporte escolar)

II XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS

A pasada semana o CEIP de Pazos de Reis visitou o noso colexio, e participamos co alumnado de terceiro, cuarto e quinto curso de primaria.

Durante a xornada xogouse a bádminton, balonmán, xadrez, voleibol, baloncesto, fútbol sala e diversos xogos de mesa. Destacar a diversión, a convivencia e o xogo limpo.

Parabéns a todos os participantes.

Xogos populares en Tui

Bolos Celtas

Resumo fotográfico da xornada de xogos populares para as clases de sexto que se celebrou no terceiro trimestre nas instalacións do CEIP nº 2 de Tui e na que participaron colexios de Tui e Tomiño, xogando a Billarda, Petanca, Chave, Bolos Celtas, A rá, zancos, carrilanas ou as buxainas.

Carrilanas

Billarda

Subcampións na Final Provincial en Pontevedra de Atletismo en Pista

 

Quecendo en equipo

A clase de quinto curso proclamouse subcampiona de atletismo en pista o pasado 13 de xuño no estadio da xuventude en Pontevedra, lugar no que competiu con outras 21 escolas.

Sen dúbida ten moito mérito o acadado por este grupo, que derrochou alegría, esforzo e traballo en equipo animándose.

Destacar os segundos postos alcanzados nas 3 carreiras de relevos 4 x 60 metros.

Moito parabéns a tod@s.

uns cantos atletas xuntos

 

Final provincial de Atletismo en Pista en Pontevedra

Mañá mércores 13 de xuño a nosa escola vai representar a Tui na final provincial de atletismo en pista no Estadio da Xuventude na cidade de Pontevedra.

 

Imos participar con 15 alumn@s da escola, que formaran 3 equipos e competirán en varias modalidades atléticas como:

- 60 metros lisos

- salto de lonxitude

- lanzamento de peso (2kg)

- carreira de resistencia (500 m)

- lanzamento de vortex

- relevos 4 x 60 m 

Moita sorte e a disfrutar facendo deporte en equipo

Yamilé Pérez no Provincial de Bádminton

O pasado sábado 26 de maio celebrouse o campionato provincial de bádminton no pavillón Alvaro Pino en Ponteareas, alí estivo a nosa alumna de sexto Yamilé Pérez, representando a Baixo Miño no equipo Infantil feminino, o cal fixo moi bo torneo.

Moitos parabéns a tod@s.

Bronce no provincial de Tenis de Mesa

Brian Gonzalez, alumno de sexto representou a nosa escola o pasado domingo no pavillón municipal de Romarigo en Cangas do Morrazo.

Moitos parabéns polo seu éxito deportivo en Tenis de Mesa

Loita na escola

O pasado mes de abril a clase de cuarto de primaria participou nunha xornada de Loita na escola con alumnado de outras escolas de Tui.

Aínda que os obxectivos eran participar, divertirse e a convivencia destacar que conseguiron quedar primeiros nesta modalidade nova, na que xogaron a xogos tan divertidos como a cola do cabalo, dar volta a tortilla ou o xogatira.

Moitos parabens nen@s.

 

Máis deporte en maio

Durante os próximos días van participar varios cursos nas seguintes xornadas deportivas:

- Mércores 2 de maio, Brian González, alumno de sexto curso de primaria participará representando ao noso colexio na final zonal do Baixo Miño de tenis de mesa que se celebra no pavillón do CEIP de Sobrada, moita sorte e a divertirse Brian.

-  Xoves 3 de maio, o alumnado de cuarto e quinto de primaria desprazaráse ao CEIP de Randufe para participar na quinta dinamización deportiva e convivencia intercentros.

      - Martes 8 de maio, o alumnado de sexto de primaria, vai participar nunha xornada de xogos populares con nenas e nenos dos colexios numero 2 Tui, Sobrada e Caldelas.

       Van xogar a billarda, petanca, bolos celtas, buxainas, aros, ... e como colofón haberá un descenso de carrilanas.

III XORNADA DINAMIZACIÓN DEPORTIVA E CONVIVENCIA INTERCENTROS CEIP DE GUILLAREI E CEIP DE PAZOS DE REIS

O próximo xoves 22 de febreiro visitanos o CEIP de Pazos de Reis (Tui), para participar na terceira xornada de dinamización deportiva e de convivencia.

Nesta ocasión xogaran as clases de quinto, cuarto e terceiro curso de ed.primaria.

A disfrutar con deportividade xogando a xadrez, voleibol, fútbol sala, baloncesto, balonmán ou bádminton.

Éxito no Provincial de Tenis de Mesa

 

 

O pasado sábado día 20 de maio, disputouse en Sobrada a fase provincial de Tenis de Mesa, a nosa escola estivo representada por Braian González da clase de quinto, o cal obtivo un meritorio úndecimo posto, todo un éxito xa que é o primeiro ano que participa.

Parabéns e a  animar a tod@s a practicar deporte.

5ª XORNADA DE DINAMIZACIÓN ESCOLAR CEIP DE GUILLAREI - CEP ALTAMIRA

A próxima semana, o día xoves 25 de maio, recibiremos a visita noa nosa escola do CEP ALTAMIRA de Salceda de Caselas para participar na derradeira xornada de dinamización deportiva.

Final de Tenis de Mesa Zonal

 

O pasada semana celebrouse no pavillón de Sobrada oa final do campionato zonal de Tenis de Mesa.

Distribuir contido