Entroido

ENTROIDO 2014

entroidoemptynoemptycole

COMA OS ANOS ANTERIORES, VOLVEMOS A TER UNHA GRANDE FESTA NA ESCOLA. UFFF!!!!,  DISFRAZÁMONOS, FIXEMOS BAILE E AO FINAL REPUXEMOS FORZAS DANDO BOA CONTA DAS ORELLAS, FILLOAS  E ROSCAS QUE AS NOSAS FAMILIAS SE ESMERARON EN FACER.

MIRADE, MIRADE!!!!! TROMPETAS

DISFRACES DISFRACES

DISFRACES  DISFRACES  DISFRACES  DISFRACESBAILE  BAILE

BAILE  BAILE

LARPEIRANDO  LARPEIRANDO

 

ENTROIDO CURSO 12-13

entroidoemptynoemptycole

IMAXE DE CARNAVAL

ESTE ANO PASÁMOLO MOI BEN. FIXEMOS TALLERES DE MAQUILLAXE

nenos maquillándose      nenos maquillados

PINTAMOS E CREAMOS CARETAS, DISFRAZÁMONOS DE TODO CANTO SE NOS  PASOU POLA CABEZA,

disfraces12-12 disfraces12-13 disfraces12-13 disfraces12-13

TIVEMOS GUATEQUE E, PARA REMATAR, DEGUSTACIÓN DE ORELLAS, ROSCAS, FILLOAS,...

entroidoguateque   entroidodegustación

MIMADRIÑA QUE FESTAZA!!

 

 

 

 

 

 


ENTROIDO 2012

entroido

Preme nas caretas para ver todas as fotos

Antroido 2011

--------------------- 

    -----------------  

O pasado Venres, 4 de Marzo celebramos o Antroido 2011.

O pasarrúas deste ano foi todo un éxito.

Preme para ver o video

FELIZ ANTROIDO 2011!

------------------

PASARRÚAS DE ENTROIDO POLO CENTRO DE RIBEIRA

Hola a tódolos visitantes da nosa web!
Hoxe venres, 12 de febreiro celebramos o Entroido 2010 do colexio facendo un pasarrúas na compaña doutros coles de Ribeira polo centro da cidade.
Aproximadamente ás 11:00 da mañán saímos dende a rúa Estatuto, ao carón do parque de Abesadas. Os nenos e nenas do Grupo xuntámonos con nenos e nenas dos coles do Galaxia, Bayón e Deán. Logo de xuntarmonos todos no parque baixamos pola rúa Rrosalía de Castro  cara o Malecón onde o vento zoaba que daba medo e moito frio. Polo pasaeo do Malecón fomos ata o Palco de Pedra e logo demos volta cara o cole de novo.
O tema deste Entroido no noso cole era o Mundo Mariño e polo tanto imaxinade os disfraces: Cangrexos, Pingüíns,Estrelas de mar, Medusas, Piratas do caribe, da Perla Negra, piratas con loro e sin loro...
O ffffrrrrio desluciu un pouco a xornada, e ainda que puido con algúns pequerrechiños pasamolo moi ben e os papás e mamás puideron facer moitas fotografías.
De volta nas aulas tivemos pouco tempo para degustar algúns produtos típico destas festas, roscas de entroido, filloas, orellas... "vivan as celebracións galegas con comida".
Deixamosvos unha ligazón para acceder á galeria de imaxes do evento.
Un saúdo...

AS MEIGAS ENFEITIZAN O GRUPO POLO ENTROIDO 2009

Meigas, magos, monstruos, esqueletes e demais parentela chegaron ao ximnasio do cole o 20 de febreiro para celebrar o Entroido 2009 co tema “ Contos de Medo”.

  • O equipo de Infantil creou un taller de roscas, os nenos coñecerán a receita, amasarán e darán forma ás súas propias roscas.
  • Durante a semana do 16 ao 19 de febreiro realizaremos as tradicionais ordes sumativas do meco que culminarán o 20 coa festa de disfraces. 
  • Desfile e Actuacións de Entroido no Pabillón cuberto: 
    • Desfile  de infantil e 1º ciclo de primaria das 9:30 ás 11:30 no ximnasio. Con actuacións incluídas.
    • Desfile de 2º e 3º ciclo de primaria das 11:15 ás 12:30 no ximnasio. Con sorpresas, cancións, bailes e demais.  
  • Como guinda da festa montamos un Karaoke.
  • Visitas sorpresa das bruxas Mimi e Bruxilda.
  • Degustación de produtos de entroido: orellas, roscas, filloas…

Clica para ver a galeria de imaxes 

 

Distribuir contido