Samaín

SAMAÍN CURSO 13-14

SAMAÍN 2013

 

fantasmas

OUTRA VEZ VOLTARON AO COLE OS ESPÍRITOS DO MÁIS ALÁ.

VIÑERON AS " CALIVERAS" ,TAN  MONSTROSAMENTE IMPRESIONANTES COMA VÓS, RAPACES E RAPAZAS SABEDES FACER.

  caliverascaliveras1  caliveras2

TIVEMOS TAMÉN MONSTROS DE TODO TIPO: BRUXAS, VAMPIROS, FRANKENSTAINS, ARAÑAS,...

nenossamaín

PASÁMOLO MOI BEN CO ESPECTÁCULO DE MAXIA  A CARGO DO MAGO ROMÁN, AGASALLO DA NOSA ANPA COA COLABORACIÓN DO CONCELLO.

mago1                  mago3          mago4

TAMÉN DESFRUTAMOS MOITO COS TALLERES DE MAQUILLAXE QUE HOUBO NO CENTRO,GRAZAS ÁS EXCELENTES MAQUILLADORAS DA ACADEMIA YARA E AS MESTRAS E MESTRES DO NOSO COLE.

 

maquillaxe1 maquillaxe2 maquillaxe3      

PASAMOS UNHA SEMANA DIVERTIDÍSIMA CREANDO "MONSTERS", E FACENDO ACTIVIDADES TERRORÍFICAS.

   monsters1                     monsters2  monsters3VISITA A NOSA GALERÍA PARA VER TODAS AS FOTOS.

SAMAÍN 2012

                                      samainemptyempty

                                                             no

                                          grupo

UN ANO MÁIS ,

 RAPACES E RAPAZAS,

PAPÁS E MAMÁS  

E RESTO DA FAMILIA TAMÉN,

PREPARÁDEVOS PARA DISFRUTAR

DO SAMAÍN DE NOVO!!!!

Teremos:

-exposición de cabazas

-proxección do conto "A MIN NON ME COMAS",e....

-pode que algunha sorpresiña máis.

MIRADE QUE BEN ESTIVO TODO!!


Gifs Animados Camara de fotos (12)


Novas

samain

de 

medo

 CHEGA O SAMAÍN 2011 OA CEIP O GRUPO,

ESTE ANO TEMOS Á BRUXA REGAÑADENTES,

 UUUUUUUUHHHHHH, QUE MEDO!!!!!


PREME NA IMAXE PARA VER O CONTO

O pasado venres 28 celebramos o Samaín

no noso centro, disfrutamos dunha mañá

de "medo" coa proxección do conto e da

visita da Bruxa Regañadentes

  

Preme na cabaza para ver máis fotos

SAMAIN 2010

Visita a categoría do Samaín e atoparás todas as fotos

Chega o Samaín ó Grupo, a festa das cabazas e do aninovo Celta.

samain

A semana do 25  ao 29 de outubro celebramos, por todo o alto, esta festa de orixe Celta. Mirade o que preparamos!

  • IV Exposición de cabazas do Samaín: xa imos pola cuarta edición deste certame que nesta ocasión amosa novidades. Tivestedes a fin de semana para idear e concretar a creación, desde o martes 26 ao xoves 28 recibimos as obras que se presentaban. Quedando expostas na entrada e corredores dos dous edificios.

    

  • O xoves 28 fíxose, pola tarde, o gran acendido de cabazas do Samaín a partires das 19.30; a continuación a proxección multimedia do fermoso conto de OQO " A figueira de PelosTortos".  E finalmente o momento estelar coa actuación dos alumnos de 5º de Primaria onde bailaron nun cemiterio moi creativo e arrepiante no patio exterior do colexio, ao son da música de Thriller de Michael Jackson.


Logo do conto recibimos a visita de Pelostortos, que susto levamos!!


Agardamos que fora do voso agrado e que o pasarades moi ben!

ACITIVIDADES DO SAMAÍN 2009-10 NA BIBLIOTECA

 

 

"O REMEDO CONTRA O ABURRIMENTO".

Polo Samaín na biblioteca organizamos un biblioconcurso do terror.

O prazo de entrega e do 21 ao 29 de outubro.

O tema é o terror.

Temos dúas modalidades de concurso:

Na modalidade de primaria: contos máximo 4 páxinas e poemas máximo 50 versos.

Na modalidade de infantil farán un debuxo de terror folio A4.

REGRESANDO ÁS RAÍCES CELTAS CO SAMAÍN

 

Xa é tradicional celebrar dende hai anos o Samaín no noso cole. De orixe celta, esta festa celebra a chegada dunha nova estación, o inverno e con ela o ano novo celta. A través desta festa os máis novos toman conciencia da orixe celta, logo galega dunha celebración que en demasiadas ocasión chega como "orixinal yanki", cando foi todo ao contrario, os primeiros irlandeses que emigraron a EEUU levarón o Samaín que nos volve como Halloween.

As actividades realizadas froito da coordinación dos Equipos de: Normalización, Extraescolares e Biblioteca para conmemorarmos a festa do Samaín no CEIP O Grupo foron:

Día da Festa o 31 de outubro.

  • Nas aulas traballouse a Unidade Didáctica do Samaín (lenda, tallar cabazas, debuxos…)
  • Concurso de talla de cabazas: entrega das cabazas dos participantes entre os dias luns 27 e martes 28 de outubro.
  • Contacontos:
    • Contacontos con Benito Souto no 2º e 3º ciclos de primaria o Grande Capitán Benito Souto amosaranos a historia do Afundimento do buque Santa Isabel na Illa de Sálvora.
    • Conto do Tío Lobo en infantil e 1º ciclo de primaria. 
  • Acendido das candeas e visita das aulas á exposición de Samaín 2008-09.
  • Entrega dos premios aos gañadores do concurso de Samaín 2008-09.
  • Recollida das cabazas da exposición.

Clica para ver a galeria de imaxes

A FESTA DO SAMAÍN 2008-09

O Samaín  

O Samaín é unha antiga festa de orixe céltica, unha das máis importantes do período precristián. Celebrábase a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro.  Conmemoraba o aninovo celta e o comezo do inverno. Máis abaixo podemos atopar un calendario celta coas estacións do ano e os deuses aos que se lles adicaba. Os celtas crían na inmortalidade da alma e nesta data ofrecíase a posibilidade de comunicarse cos espíritos dos parentes defuntos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló. Nesa data prendíanse lumes sagrados, baleirabanse nabos de grande tamaño - posteriormente cabazas- para porlles candeas. Varios séculos despois esta tradición mantense en Galiza.  

  O Halloween

 Os entendidos na materia aseguran que o Halloween poderíase ter exportado aos Estados Unidos polos irlandeses (descendentes de celtas) no século XIX e comezos do XX. De feito, etimoloxicamente a propia palabra Halloween significa o mesmo que Samain. Halloween é a forma moderna inglesa do antigo All-hallow even que significa, para algúns autores, "Véspera de Todo o Sagrado".

Distribuir contido