Actividades

SAMAÍN 22-23

SAMAIN2222   CABAZA

 

Arrepiantes cabazas, contos de medo, bailes terroríficos, espectáculo da nosa Anpa, luz negra,...

Premede no poster, para ver un chisco do que pasou no cole.

POSTER SAMAIN 22

 

Candeloria 21-22

Cartaz-candeloriaCandeloria 2022  paxaros gif

Este ano quixemos celebrar o día da Candeloria, facendo creacións artísticas de paxariños en sintonía co poema de Florencio Delgado Gurriarán, escritor que se ha homenaxear na Semana das letras galegas 2022. Desfrutamos creando, escribindo e recitando.

Os nosos nenos e nenas de Infantil F, deleitáronnos co recitado do poema "Andan os paxaros",que gravaron na nosa emisora RadioTodiño. Preme na imaxe para escoitalos.

Paxaros poema Gurriarán

 

Mercadillo solidario 20-21

MERCADILLO SOLIDARIO 2021libros gif animado alimentos gif

Como vimos facendo desde fai uns anos, o Equipo de Voluntariado da Biblio, levamos a cabo a iniciativa do "Mercadillo solidario".

Cambiamos libros por alimentos, que logo donamos a Cáritas Parroquial e a asociacion da Comunidade Evanxélica, para que a nosa solidariedade chegue a todas as familias que o necesitan. Este curso,  por mor da pandemia, non pudemos facelo nunha praza pública. Fixémolo dentro da escola. Pero...aínda así, a colaboración da nosa comunidade educativa foi moi grande. 1000 grazas por ese corazón tan grande!!!

MERCADILLO SOLIDARIO 2021

 MERCADILLO SOLIDARIO 2021 MERCADILLO SOLIDARIO 2021     MERCADILLO SOLIDARIO 2021

8 M 2020-2021

8 M 

via GIPHY

Este ano, coma nos anteriores, puxemos en práctica distintas iniciativas para facer visible o papel da muller na actualidade , e ao longo da historia.

 Este Pasapalabra feito polo alumnado de 2º de primaria, coa súa mestra.

Tamén, a nosa coordinadora da biblioteca nos preparou  un arquivo para divulgar e coñecer mulleres científicas galegas, pioneiras no ámbito da ciencia e da tecnoloxía, nun anos e mundo onde era difícil facerse un oco nestas disciplinas. Grandes modelos a seguir.
 

Presentación do libro Paxarada

PAXARADA

Hoxe 21 de xuño tivemos a presentación do libro "Paxarada", para o que contamos coa presenza do pintor Manuel Ayaso, a súa filla tamén pintora, Mónica Ayaso, que de xeito totalmente altruista ilustraron coa súa arte, os poemas dos nenos e nenas; a presidenta da nosa Anpa, Mª José, e tamén Unai, tesoureiro. Grazas á Anpa, toda a comunidade educativa vai poder gozar del, pois asumiron o custe total da súa publicación.

 

Tivemos a sorte que nos adicaron os libros facendo as súas maxistrais ilustracións.


Tamén nos agasallaron cunha fermosa creación , para o colexio.

Para que gocedes toda a comunidade educativa aquí tendes o libro en formato dixital.

 

 

 

Visita Manuel Ayaso xuño 21

Visita do pintor de Aguiño Manuel Ayaso.

Hoxe tivemos o pracer de contar co grande artista Manuel Ayaso no noso cole, para contarnos da súa vida, e da súa obra coma pintor. O alumnado de 5º entrevistouno na nosa emisora RadioTodiño, dentro da Radio na Biblio. Para gozar das súas verbas, premede na imaxe, para escoitalo.Manuel-Ayaso-RadioTodiño

Cando rematou a entrevista, fixo unha visita ás aulas de infantil, onde desfrutou da compaña dos nenos e nenas, que o agasallaron con debuxos, monstros feitos con plastilina, libriños que recrean a súa vida,retratos da súa persoa,... El agasallounos cos seus debuxos e agarimosas palabras.

Manuel-Ayaso-Visita-infantil1     Manuel-Ayaso-Visita-infantil2

Manuel-Ayaso-Visita-infantil3 Manuel-Ayaso-Visita-infantil4

Semana da Diversidade e das Letras Galegas

10/05/2021 09:00
13/05/2021 14:00
Europe/Paris

                                                       

Aniversario RadioTodiño

parabéns

A nosa emisora de radio escolar está de aniversario. Cumprimos 1 aniño. Gozade da noso primeiro programa, entrevistando á nosa marabillosa Rosalía de Castro. Premede na imaxe para escoitala.

 

parabéns

PAZ 20-21

Leotodiño e o noso alumnado de quinto de Primaria desde a nosa emisora RadioTodiño, teñen o pracer de poñerlle voz e compartir con vós a historia do Homiño de Papel de Fernado Alonso,para que reflexionemos e ollemos ao noso arredor, todas as cousas marabillosas que tan perto temos.


 
 

TORNEO DE MIKADO 18-19

ESTE ANO FIXEMOS UN TORNEO DE MIKADO, ONDE TODOS E TODAS PARTICIPAMOS DE MANEIRA INCLUSIVA. PASÁMOLO MOI BEN!!

 

Montaje creado Bloggif

Distribuir contido