PVAD
CARREIRA DE OBSTÁCULOS POLA DIVERSIDADE 23-24
Poñerse no lugar do outro sempre é o máis difícil.
Quixemos que o noso alumnado experimentase as dificultades que outras persoas viven no seu día a día, para que desenvolvan esa empatía necesaria e poder axudar e comprender que as barreiras existen, pero minimízanse se as entendemos e somos quen de contribuír a reducilas.
Preme na imaxe para ver canto disfrutamos!!!!!!
CARREIRA POLA DIVERSIDADE
Co motivo do Día da diversidade funcional, o martes día 5 de Decembro celebraremos no colexio a carreira solidaria Enki, unha carreira de obstáculos moi divertida.
Polo que invitamos a todo o alumnado a vir con roupa cómoda e "adornado" (unha perruca, unha capa, unhas gafas...) o que lles apeteza!