As vivencias do Grupo
QUE BONITO O NOSO PATIO
Seguimos a axardinar o noso patio. Coa axuda da concelleira de parques e xardíns, quen nos enviou a árbores , os arbustos e as begonias,os nosos rapaces e rapazas, coa axuda dos mestres e mestras fixemos a plantación. Agora a seguir coidándoos, para que medren e nos dean esa beleza natural ao noso patio, para goce dos sentidos.
II CARREIRA POLA SAÚDE 22-23
O venres día 14 de abril de 2023 todo o alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe O Grupo celebramos a II Carreira pola Saúde onde fixemos exercicio físico e,... logo a comermos froita, para repoñer forzas.
Eso si que é coidar do noso corpo. Preme para ver o vídeo e animádevos a facer o mesmo ca nós, para mantervos ben sans e cheos de saúde.
#come saudable, móvete máis.
8M 22-23
8M
Neste día tan importante, quixemos poñer en valor a forza, coraxe e empuxe que as nosas mulleres do mar tiveron e teñen. Visitáronnos mulleres pioneiras no eido das profesións do mar: unha bateeira, Esther, unhas percebeiras en activo, Sami e Ana ; unhas pioneiras xa xubiladas: percebeira , Marisa, redeira, Manolita, e conserveira, Edita, que son unha representación de moitas outras mulleres valentes, e que viñeron falarnos do seu labor e transmitir esa mensaxe de valentía, loita e igualdade ao noso alumnado.
Fixemos un agasallo para as mulleres das nosas familias, con unha mensaxe de agradecemento e un caravel.
Logo cantamos todos e todas ao unísono a canción "Tempestades de sal", que coa axuda dos nosos mestres e mestras aprendemos e ensaiamos ao longo destes días.
ENTROIDO 22-23
"Moita troula, moito disfraz, moita festa,... E tamén moita rosca e orella!!!
Premede para ver o vídeo
E se queredes vernos cos nosos disfraces con máis calma, premede para ver a nosa Galería de Imaxes.
Dia da diversidade 22-23
O 3 de decembro, todos e todas celebramos a festa da diversidade. No colexio e tamén indo a Boiro, a participar coa Asociación Amicos, no seu super festival Festiritititi 2022.
Aprendemos que todos e todas temos cualidades polas que sentirnos orgullosos e orgullosas do que somos e do que somos capaces de facer. Que nada nos poña límites, que cada un de nós poda desenvolver as cualidades que nos fan sentir ben, felices e integrados e integradas plenamente na nosa comunidade educativa.
Os nosos reporteiros e reporteiras entrevistaron na nosa emisora RAdioTOdiño a Álex Vidal, o noso campión paralímpico, que é un exemplo de tesón, loita, superación,...
Premede na imaxe para escoitalo.
Por iso, que ninguén poña en dúbida, que podemos voar tan alto como nos propoñamos.
Sementeira Ciscabyte22-23-Proxecto Terra
O noso centro, o noso alumnado e as mestras e mestres seguimos a traballar por un mundo máis limpo, que a nosa cidade estea cada vez máis limpa, con menos lixo, con menos elementos contaminantes. Dentro dos programas do Plan Proxecta, a través do Proxecto Terra, da man do arquitecto Luís Carretero, os nenos e nenas saíron a recoller lixo polos arredores do colexio, para logo facer un mapeado do mesmo, para rematar dándolle unha dimensión artística. Mirade o proceso.