ZONAS VERDES

Este curso e máis o pasado, Lixoman botounos unha man para mellorar as zonas verdes do noso cole, facilitándonos as ferramentas adecuadas e pedindo axuda ao Concello de Ribeira (con aportacións), asi como a asociación Ambar.

Os nosos xardíns melloraron notablemente ca plantación de novas plantas e flores pero non debemos esquecer que para que as zonas verdes se manteñan no seu esplendor deben ter uns coidados continuos. O noso alumnado ofrécese voluntario para o seu mantemento e podemos dicir que Lixoman está encantado ca súa colaboración.