OS RAPACES DE 5 ANOS TAMÉN FORON A QUEIXERÍA DE NINO

Os máis maiores de Infantil viaxaron a Murgás, preto de Touro, á queixería Arquesan emulando aos seus compañeiros de 4 anos cando días antes visitaron esta didáctica queixería. Nesta queixería coa denominación Arzúa-Ulloa, ademaís de facer uns queixos moi ricos, teñen planificada unha visita didáctica na que se aprecia que a dirección da mesma posúe bases no maxisterio, os nenos pásano moi ben e aprenden como se fai o queixo.

Cóntanlles con debuxos animados como é o proceso de elaboración en plan Teoría, ensínanlles a lavarse moi ben as mans, disfrázanse de queixeiros/as...  paso a paso van vendo e colaborando en tódolos pasos da elaboración do queixo: botan o "cuallo" no leite, agardan a que calle mentras pintan as etiquetas do que que vai ser o seu propio queixo... Cando o queixo esta "callado", córtano en anacos e quítanlle o suero, con eses anaquiños enchen os moldes e premen ata escurrir moi ben o que será seu propio queixo elaborado por eles mesmos. Mentres seca uns días nos secadoiros nos voltamos ao cole, unha semana despois Nino envianos tódolos queixos ao cole para que os poidamos probar na nosa casiña cos papás e os irmáns. Xa veredes que ricos!. 

Esta visita ten moito éxito entre os nenos e mestres, boa conxunción do binomio teoría-práctica adaptado aos máis novos, dificil de atopar. Invitámosvos a ver as imaxes abaixo no enlace.

Clica para ver a Galeria de imaxes