ART FOR DENT - CALENDARIO SOLIDARIO
Os nosos nenos e nenas estiveron a aprender e gozar da arte de Kandinsky, empregando distintas técnicas e materiais, para realizar unha obra conxunta de todo o cole, para colaborar con unha iniciativa solidaria:
A REALIZACIÓN DE UN CALENDARIO ARTÍSTICO SOLIDARIO EN FAVOR DA
ENFERMIDADE DE DENT
Se queredes saber máis sobre esta enfermidade de Dent : https://artfordent.es/
Os cartos que se recauden irán 100% destinados a unha nova liña de investigación que vai comezar no NefroCHUS (www.nefrochus.com), en Santiago de Compostela e que vai estar financiada pola nosa asociación.
Este calendario solidario foi feito cos deseños de varios colexios. Aquí tendes un vídeo coa reseña dos participantes. Premede na imaxe ou escaneade o código QR.
»