Máscaras curso 21-22

Distribución máscaras para o alumnado de Primaria, curso 2021-2022

Estimadas familias, xa está publicada no DOG nº218 , a Orde do 28 de outubro de 2021 que regula a distribución de máscaras entre o alumnado de educación Primaria.

Na devandita orde establécense o baremos para ser beneficiarios, que son os mesmos que se empregaron para ter dereito á axuda de 50 euros de material escolar.

Resumo dos baremos

Aclaración importante: aquel alumnado que recibiu o cheque de material de 50 euros, non necesita facer a solicitude de máscaras, pois xa lle corresponde de oficio no programa da Consellería.

Aquelas familias que por diversas razóns, non solicitaran este cheque no seu momento, poden solicitar as máscaras, na secretaría do centro desde o 15 de novembro hasta o 26 de novembro de 2021, ambos os dous inclusive.

Os impresos están dispoñibles no centro , ou poden descargalos aquí:

Impreso solicitude máscaras.