Festa fin de curso 20-21
Nos últimos días de cole, que ben o pasamos.
Tivemos a presentación do libro "Paxarada".
Fixemos voar a imaxinación coas caixas de cartón. Botade unha ollada ao vídeo e veredes.
Tivemos tamén moito concerto, con Suso Bello e Alberto Millán. Con eles gozamos da música, das cancións galegas. Bailamos e fixemos percusión.
Houbo a entrega de trofeos aos gañadores do torneo de pin pon. Velaquí os tendes.
Tamén as medallas aos nosos e nosas supermovidos e movidas.
»