DÍA DO LIBRO 23 ABRIL DE 2009

O 23 de abril de 2009, enmarcado nas actividades para conmemorar o Día Internacional do Libro, o equipo da biblioteca organizou para Infantil a visita do contacontos: "Tarabelos".

Tarabelos tivo unha actuación titulada " A QUE CHEIRAN OS CONTOS". Constaba de dous contos nos que disfrutamos de mímica, monicreques, espectáculo de sombras chinesas... os nenos e os mestres pasarono moi ben, estiveron moi interesados porque non perderon detalle, case non pestanexaban.

Recomendamosvos a este equipo para outra actuación de contacontos.

clica para ver as imaxes