CAMPAÑA "RECREOS ACTIVOS"

O Departamento de Orientación en colaboración co profesorado de Pedagoxía Terapeutica l co equipo de Educación Física, levou a cabo este curso académico a iniciativa: "Recreos Activos" para que o alumnado do noso centro realizara actividade física nos recreos.

As razóns paara levar a cabo esta iniciativa veñen de tempo atrás no que todo o profesorado nas gardas de recreo observaba e manifestaba unas impresións nas que o denominador común era o descenso acusado de actividade física nos recreos. a parte dos típicos partidiños dos alumnos maiores, o resto do alumnado pasaba o recreo en actividades sedentarias, videoxogos, charlas...

A partires destes datos xurdiu a idea de retomar os xogos de sempre, a goma, as cordas, os birlos, as peletras ou incluso os xogos de mesa de sempre... Nun primeiro momento implicouse a toda a Primaria e ás familias recollendo información de xogos de semprre e con ela elaborouse un dossier de xogos populares. Posteriormente veu a fase de implantación, as mestras ideológas da experiencia elaboraron varios caixóns con xogos adaptados a Infantil, primeiro ciclo, segundo e terceiro ciclo de primaria. Nos recreos sacaban estes caixóns e ensinaban aos rapaces as cancións e os xogos para saltar á corda, á goma, xogar ás peletras, aos peóns... 

O resultado non puido ser máis positivo os nenos/ascen máis xogos e o máis importante aplícanos  no seu tempo de lecer.

Parabéns pola iniciativa Eva e María!