ACTUACIÓN MUSICAL DE MAMÁ CABRA

 

Amiguiños e amiguiñas! O Venres 16 de abril, os nenos dende Infantil ata 2º curso de Primaria fomos ao Auditorio Municipal escoitar antigos e novos éxitos do grupo musical infantil e xuvenil " Mamá Cabra", grazas á colaboración das familias e do equipo de Normalización Lingüística do noso cole. 

Alí sumerximonos no mundo mariño con cancións como " Glu glu glu glu plas, plas, navegando polo mar", polas noites de medo con " Bailan bailan as pantasmas, sapos, bruxas e curuxas...", no mundo natural "somos uns bichiños con algo especial, todos pequeniños ...", e cunha das nosas cancións favoritas" O polo Pepe".

PASÁMOLO XENIAL E MESMO AS PROFES E OS NENOS LLES AXUDAMOS NO ESCENARIO A CANTAR E BAILAR.

Clica no enlace para acceder á galería de imaxes.