En Educación Física imos preparar a coreografía Thriller Maickel Jackson.

A Expresión Corporal según Tomás Motos Teruel é a " Arte do movemento".O noso non vai ser movemento artístico senón "movemento de cine".

Seguro que víchedes unha tendencia actual de Baile espontáneo en grandes cidades (estacións de tren, prazas de grandes vilas ou entradas de grandes almacéns onde de repente xorde a músic e aparece xente a bailar e se vai sumando xente e mais xente que saben a coreografía completa. Bailar xuntos é máis divertido. 

Desde a clase de E.F. imosvos propoñer algo semellante, aprenderemos nas clases este coreografía e baiéaremola.

A proposta non é nosa, o mérito a quen corresponde. Unha moza Chamada Anita desde Arxentina co obxecto de obter fondos para unha campaña solidaria de recollida de alimentos ideou isto. Ela colgou as súas ganas de bailar en You Tube en varios titoriais. Moita xente ensaiou dende a casa  e finalmente un día quedaron todos xuntos para bailar, mirade ao final como quedou todo.

 

 

Coreografía de Anita vista desde o punto de vista do espectador:

 

 

Coreografía para aprender os pasos:

Neste Video podedes seguir os pasos coma se Anita, a mestra estivera diante de vós.

 

O Orixinal, un pouco máis complexo, lembrade que Maickel soamente hai un. Velaí o videoclip orixinal en boa calidade. Disfrutadeo!.