"SAÍDA DIDÁCTICA AO TEATRO"

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos e as titoras do Ceip O grupo, desprazámonos ata Santiago de Compostela a ver a obra de teatro "A ratiña presumida". Disfrutamos un montón e quedamos un pouco conmocionados ao ver que a ratiña era comida polo astuto gato, despois de rexeitar a uns galáns moi bos como o can, o pato, e o burro. Aprendemos a procurar non fiarnos moito das apariencias e a non ser tan inconformistas. 

Ao final da obra puidémoslle facer moitas preguntas aos actores que nos ensinaron como montar e desmontar os escenarios, como modular a voz...E démoslle un forte aplauso.

No teatro atopámonos tamén cos compañeiros/as do Colexio Galaxia, Frións e Deán Grande. 

Foi un día moi especial!!!

 

 

Clica aquí para ver a galería de imaxes