NO CEIP O GRUPO CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ
O Venres 29 de Xaneiro de 2010 celebramos no noso cole o Día Internacional da Paz e da non violencia.
Logo de coordinarse os equipos de Extraescolares e Complementarias, o equipo de Normalización e os representantes dos diferentes ciclos acordaron realizar as seguyintes actividades.
-
Murais nos que os rapaces expresaban mensaxes cancións, lemas e ideas sobre a paz.
-
Elaboración de Globopombas en Infantil.
-
Acto multitudinario do centro no ximnasio no que cada ciclo de Infantil e primaria cantou cancións coa temática da conmemoración: Infantil: Canción "Amiguiños", Primeiro ciclo: canción de Antonio Flores " No dudaría", Segundo ciclo: Canción de Miguel Rios" Himno de Alegría" e 3º ciclo a canción de Luar na Lubre:" No Mundo".
-
Acto de Liberación da palabra Paz con globos de Helio. Esta actividade deixou marabillados aos rapaces. Mirade as imaxes do momento.
-
Mensaxe nunha Botella. O alumnado de segundo ciclo de primaria. elaborou diferentes mensaxes de Paz que meteu dentro dunha botella. O día 29 acudimos os alumnos de 2º ciclo ao porto para facer o acto de botadura. Os mestres Daniel e Loly Vidal nunha lancha da Cruz Vermella sairon das augas do Porto para botar as botellas en augas abertas.
...Saberemos a quen lle chegou?.
»