Os de Sexto visitamos a illa de Sálvora

O alumnado de 2º nivel de 3º ciclo de Primaria do Grupo vistou a Illa de Sálvora.

Ás 9:30 saímos do porto de Ribeira rumbo a Sálvora, a viaxe a bordo do Fly Boat durou apenas 30 minutos ata o embarcadero da illa.

Ao chegar recibíronnos os gardas do Parque Nacional para lembrarnos as normas básicas durante a estancia. Fixemos dous grupos para visitarmos diferentes puntos da Illa: o Faro e o paso onde afundiu o Santa Isabel, o Pazo, a Capela, a Serea, a Fonte, fauna e flora da illa e finalmente a aldea. Ao rematar tiñamos tanta calor que algúns probaron a auga.