Atención á diversidade

     A atención á diversidade é o principal campo de acción do D.O. no centro, mediante funcións como:


          - Valorar as necesidades educativas e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.


         - Deseñar actuacións de atención temperá e prevención de dificultades de aprendizaxe.


         - Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.


          - Promover a cooperación entre o centro e as familias.


          - Establecer canles de comunicación cos diferentes servizos ou institucións...


     O centro ten elaborado, como parte do P.E.C., un documento no que se recollen os criterios de atención á diversidade.


     Dentro do marco normativo xeral e do documento anterior, o D.O. elaborou tamén un cadro de criterios aplicables á hora de confeccionar horarios.


     Outros documentos de interese:


         - Orde de 27 de Decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais.


     O alumnado procedente do estranxeiro, na maioría dos casos precisa de medidas de atención específica (descoñecemento dos nosos idiomas, desaxuste curricular,...). Estas medidas están reguladas pola Orde do 20 de Febreiro de 2004, pola que se establecen as medidas de atención específica ao alumnado procedente do estranxeiro.


     No centro temos un Programa de Acollida para o alumnado inmigrante.


     Outros documentos de interese :


          - Impreso de recollida de información inicial.


          - Modelos (en árabe) de : Avisos, xustificante de faltas, autorizacións, solicitude de cita, pequeno vocabulario en árabe...