Xornada promoción do Remo: Clube Remo Puebla.

O xoves 28 de maio de 2009, invitados polo Clube de Remo Pobra acudimos 20 alumn@s e mestres do noso cole Ceip O Grupo de Ribeira a unha xornada de promoción do Remo. 

Saimos sobre as 10:30 da mañán, chegamos á estación de buses de Pobra e o clube xa estaba á carón. Recibironnos varios titores-remeiros que nos ensinaron as instalacións, que por certo están de reformas. Ensináronnos diferentes embarcacións, bateis, traiñeira... os remos máis antigos e os modernos e lixeiriños logo subimos ao ximnasio onde nos puxeron un video dunha competición de remo.

Rematada a teoría fomos a unha rampa do porto onde comezou a experiencia cos bateis. en quendas de catro fomos subindo e escoitando os consellos dos monitores para maniobrar coa embarcación e intentar conseguir un pouco de coordinación para remar.  Mentras unha quenda experimentaba o remo no mar outra experimentaba o remo en seco nos remoergómetros do ximnasio, que tamén foi unha experiencia.

Ao final rematamos tod@s moi content@s, cremos que alguén se vai apuntar ao clube.

Fixemos máis de 40 fotografías do evento, pero por problemas descoñecidos so puidemos conservar a imaxe grupal. cousas da informática e as tarxetas dixitais, é unha mágoa porque co día tan bo que tivemos saíran moi bonitas.