Servizos educativos

Pais/Nais

Profesorado

Educación Física

EDUCACIÓN FÍSICA NO PERIODO DE CONFINAMENTO

Nestes días de confinamento na casa é conveniente realizar actividades que impliquen movemento para manter un estado de forma saudable. Non fai falta que sexan deportes xa que debido ao espazo reducido dos domicilios temos que aproveitar os medios que teñamos na casa. 

A páxina de referencia seguirá sendo o blog de Educación Física do cole, onde seguiremos colgando propostas de xogos para realizar na casa. Aquí tedes o enlace.  

Tamén queremos compartir con vós diferentes recursos que imos atopando por internet e que están relacionados coa nosa materia de Educación Física. A maior parte deles son vídeos e titoriais. Iremos completando o listado a medida que vaiamos atopando novas cousiñas. Aquí tedes o enlace

Por último, tamén pensamos en propoñervos un reto semanal para que vós practiquedes na casa e nos poidades enviar un vídeo de como o fixestes. A idea é facer unha montaxe cos diferentes retos para subir logo á páxina web do cole, no apartado de Educación Física específico para retos. Aquí tedes o enlace

Os vídeos ou fotos podedes envialos a este correo: efnacasa@gmail.com

Un sáudo a tod@s e... a moverse!! 

Blog de Educación Física

Consulta o blog de Educación Física premendo aquí. Atoparedes actividades e sesións de Educación Física na casa, ademais de información do resto do curso.