R/ Francisco Rodríguez, 6, 15679, O Temple- Cambre (A Coruña)
Tfno.: 881880330. COVID: 641770209. E-mail: ceip.graxal@edu.xunta.gal Código centro: 15032426
R/ Francisco Rodríguez, 6, 15679, O Temple- Cambre (A Coruña)
Tfno.: 881880330. COVID: 641770209. E-mail: ceip.graxal@edu.xunta.gal Código centro: 15032426
Este curso temos una nova empresa de catering, JARDANAY. Nos vindeiros días entregarán ás familias a documentación a cubrir.
Lembrade que o alumnado con dieta especial, terá que aportar o informe médico actualizado, a maior brevedade posible.
O horario de saída será o mesmo que outros anos:
O sistema para notificar as ausencias será a través do correo: comedorgraxal@gmail.com ANTES DAS 9:10.
Se chegan tarde pero fan uso do comedor, non fai falta avisar. Só informaredes dos días que NON asistan.
Por favor, entregade a ficha e a autodeclaración canto antes para poder ter os datos volcados.
Convocatoria para participar no fondo solidario de libros de texto e solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.
Prazo de solicitude: do 20/05/2023 ao 21/06/2023.
A solicitude pode presentarse por vía electrónica (Fondolibros ou sede electrónica da Xunta de Galicia coa Chave365) ou presencial (con copia do libro de familia e resto de documentación necesaria -sentenzas xudiciais, etc.-) na Secretaría do colexio, no seguinte horario:
de 9:10h a 13:30h.
Código do centro: 15032426
Listaxe provisional: 23 de xuño
Reclamacións: 26 e 27 de xuño
Listaxe definitiva: 29 de xuño
Entrega de vales: desde o 3 de xuño
Por protección de datos, as listaxes só se publicarán na cristaleira interior do centro.
É requisito imprescindible devolver os libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de EP adquiridos coas axudas do curso 2022/2023. Esta devolución realizarase os últimos días de clase segundo as instrucións de cada titor/a.
Consulta a información para a solicitude de actividades extraescolares para o curso 2023-2024 aquí:
INFORMACIÓN ACT. EXTRAESCOLARES 2023-2024
SOLICITUDE E ORDE DE DOMICILIACIÓN
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:
- Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición: Do 1 ao 15 de Febreiro.
- Data do sorteo público da letra a efectos de desempate: Última semana de febreiro
- Postos escolares vacantes actualizados a 11 de abril de 2023:
NIVEL | Total vacantes |
Educación Infantil - 3 ANOS: | 15 (6 n.e.a.e) |
Educación Infantil - 4 ANOS: | 0 |
Educación Infantil - 5 ANOS: | 12 |
Educación Primaria - 1º: | 2 |
Educación Primaria - 2º: | 1 |
Educación Primaria - 3º: | 15 |
Educación Primaria - 4º: | 2 |
Educación Primaria - 5º: | 18 |
Educación Primaria - 6º | 2 |
- Presentación da solicitude de admisión do alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores (solicitude de praza en centros públicos): do 1 ao 20 de marzo - (ENLACE Á SOLICITUDE) √
!! Área de influencia do CEIP Plurilingüe Graxal:
ÁREA de influencia do CEIP Plurilingüe Graxal | AREA COMPARTIDA CO CEIP PORTOFARO: |
|
|
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: Do 21 de marzo ao 3 de abril.
- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 25 de abril.
- Reclamacións (realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos): 26 de abril ao 4 de maio.
- Publicación de listaxes definitivas: 15 de maio
- Prazo para formalizar a matrícula: 20 ao 30 de xuño
Nesta páxina web, no menú lateral dereito TICs, están publicados titoriais e información de axuda e interese sobre o funcionamento de abalarMóbil, aula virtual e servizo de videoconferencias. Iremos ampliando con máis información sobre estes recursos. |
|
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |