Servizos educativos

Pais/Nais

Mañanceiro

Mañanceiro

 PROGRAMA MAÑANCEIRO 2019/20

Que é?

 

bullet

É un programa de protección, vixiancia e almorzo dos escolares nos centros públicos de Educación Infantil e Primaria do concello de Cambre.  O seu obxecto é favorecer a acción pola igualdade e a conciliación da vida laboral e familiar.Este servizo préstase a primeira hora da mañá, antes do comezo das clases.

 

Obxectivos:

     O obxectivo principal consiste en facilitar a problemática que os pais teñen a primeira hora da mañá para deixar aos nenos atendidos antes de ir ao colexio.

     Os obxectivos específicos son:

 

bullet

Aproveitar o tempo para facer actividades lúdicas e de recreación

bullet

Colaborar coas familias e o profesorado para que os nenos adquiran hábitos saudables de alimentación

bullet

Garantir a atención dos nenos por parte de persoal especializado

bullet

Facilitar o apoio técnico ao servizo

bullet

Facer un control e seguimento do servizo prestado.

 

Dirixido a:

 

bullet

Alumnos e alumnas dos centros escolares públicos de Cambre

 

Requisitos:

 

bullet

Estar empadroado no concello de Cambre e estar matriculado nun centro escolar de Educación Infantil e Primaria do concello

 

 Lugar de presentación de solicitudes:

 

bullet

No Rexistro municipal do Concello de Cambre (situado na Casa do Concello, Casa das Palmeiras ou nas oficinas municipais da rúa Río Barcés nº 8, A Barcala)

  

bullet

Para máis información e recollida de solicitudes, diríxanse á :

 

Concellería de Educación do Concello de Cambre

 

                          Tfo.: 981 613 186               educación@cambre.org