Servizos educativos

Pais/Nais

Localización

LOCALIZACIÓN DO NOSO CENTRO

Ver Ceip Graxal nun mapa máis grande

 

 

   O noso centro atópase situado no concello de Cambre, na parroquia de O Temple, a única parroquia costeira do concello , xa que está ubicada a carón da Ría do Burgo. Está encadrado, polo tanto, na área metropolitana da cidade de A Coruña. Está comunicada coa cidade( a 8 km.) por unha autoestrada e unha estrada nacional. É obvio que esta circunstancia condiciona en gran medida a súa densidade de poboación - a máis elevada do concello-, a idade media da mesma - ó redor dos 36 anos- e as características socio-económicas da mesma - clase media e  cada vez cunha  maior porcentaxe de poboación inmigrante-.

Para máis información, pode visitar a páxina web do concello de Cambre :http://www.cambre.es/?lang=es