R/ Francisco Rodríguez, 6, 15679, O Temple- Cambre (A Coruña)

Tfno.: 881880330. E-mail: ceip.graxal@edu.xunta.gal Código centro: 15032426

Web da ANPA

Profesorado

Bibliotecas escolares de Galicia
Radio na Biblio

Imaxes Designed by Freepik

Iconos diseñados por Freepik from www.flaticon.es

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

VÍDEOS E TITORIAIS EN INTERNET

Partamos aquí da base de que ningunha destas actividades, propostas ou exercicios teñen carácter obrigatorio. Todas serán por tanto voluntarias. Trátase tan só de facilitar un pouco a búsqueda de recursos relacionados coa Educación Física e crear unha recompilación dos mesmos. 

Adxuntámosvos aquí unha remesa de vídeos e titoriais con diferentes exercicios físicos e tarefas que adaptándoas ás vosas posibilidades de material e espazo poderedes realizar nas vosas casas. Esta lista irémola actualizando a medida que vaiamos atopando por internet recursos interesantes para compartir con vós.

Lembrade que antes de iniciar a práctica destes exercicios é conveniente que fagades un quecemento: movilidade articular dos nocellos, xeonllos, cadeira, ombros, brazos, pulsos e pescozo con seus diferentes movementos (círculos, abro-pecho, arriba-abaixo...).

- NOVO Como no blog de Educación Física temos unha sección de deportes olímpicos, aquí vai unha recompilación moi animada e divertida de vídeos sobre un oso chamado Berni, que practica diferentes deportes. Algúns capítulos están xeniais e a bo seguro traerán consigo unhas boas risas. https://www.youtube.com/playlist?list=PL02E799DBCEC3835B

- NOVO Exercicios para traballar a movilidade articular e fortalecer diferentes grupos musculares simulando os movementos de Spiderman. https://www.youtube.com/watch?v=YC_V8hnU2PY&feature=youtu.be e tamén de Batman https://www.youtube.com/watch?v=MU7StZxAwJ0&feature=youtu.be

Tres video titoriais onde traballaremos a velocidade de reacción, a forza-resistencia e a relaxación a través do ioga. http://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa 

- Xogo interactivo para traballar a expresión corporal. Pasaredes un momento moi divertido en familia. Recurso creado por Sito Pazos, mestre de Educación Física. https://view.genial.ly/5e9383f9f4ee500d9fe5f237/game-juman-ef

Exercicios de movilidade articular simulando os movementos de personaxes e superheroes de MARVEL. Convírtete nun intre en Thor, Hulk... e verás que ben o pasas. https://www.youtube.com/watch?v=uYi1kyMeFHQ&feature=youtu.be
 
- Video titorial no que se nos anima a traballar diferentes posturas nas que traballaremos a forza e o equilibrio de grandes grupos musculares. https://www.youtube.com/watch?v=69Za5UWtIC0
 
- Video titorial no que atoparemos exercicios para traballar con noso propio corpo. Son exercicios moi simples de movilidade articular e control corporal. Ademais invita a traballar de forma conxunta a pais ou irmáns maiores cos noso pequenos. https://www.youtube.com/watch?v=0jLhuKs_t5g 
Se vos gusta esta forma de traballar conxunta aquí tedes outro enlace: https://www.youtube.com/watch?v=BnKIAFebJzo
 

- Video titorial no que atoparemos exercicios para traballar as habilidades motrices básicas (saltos, desprazamentos, coordinación...) nun espazo reducido como pode ser o salón de casa. Hai varios exercicios fáciles e sinxelos que mellorarán a psicomotricidade dos nenos e nenas. https://www.youtube.com/watch?v=Gn7k_xNXYBc 

- Outra opción que temos para traballar a psicomotricidade na casa é marcar con cinta (de carrocero ou aislante) no chan diferentes circuítos ou marcas para xogar coas chapas, realizar unha especie de Mariola na que traballen os saltos e a puntería ou ben un circuíto de equilibrio, arrastres cunha manta... No seguinte vídeo podedes ver a idea:  https://www.youtube.com/watch?v=RoaYVddZUCs

- Video titorial para traballar as posturas de Iogahttps://www.youtube.com/watch?v=nNbRQX8yJWs 

- Video titorial para traballar o entrenamento funcional. Son case 5 minutos con varios exercicios traballando co propio corpo. Podemos realizalo de forma secuencial facendo todos os exercicios 4 veces ou facer 2 veces todo o vídeo. https://www.youtube.com/watch?v=TStEzVUqtUU&feature=youtu.be 

- Video titoral para traballar coreografías, pasos de hip-hop. https://www.youtube.com/watch?v=eCsoOVnfSLQ   

- Video titorial para os niveis iniciais de Primaria como para a etapa de Infantil. Consiste en construír unha "tea de araña". Nesta proposta imos traballar a coordinación dinámica xeral, o control do corpo e o equilibriohttps://www.youtube.com/watch?v=zyF8IBVe7uA  

- Exercicios de movilidade articular. E de paso practicamos inglés. Varios enlaces:

https://www.youtube.com/watch?v=kYsA9-Qbtyk

https://www.youtube.com/watch?v=6u9dtrZ_cxs