Skip to Content

Novas

Encontros...unha tarde con Carmen Loureiro

A piques de rematar Os Encontros, tivemos a sorte de pasar un anaquiño de tempo escoitando a Carmen Loureiro, e así, achegarnos un pouquiño máis ao mundo das emocións.

Grazas familias polo voso estar aí.

 

 

O MEDO. ALGUNHA RECOMENDACIÓN PARA LER.

O MEDO.

O medo é unha emoción. Como xa vimos existen moitos tipos de medo e os nosas fillas e os nosos fillos tamén teñen medo. Aquí vos deixamos un vídeo sobre un conto para traballar o medo a escuridade e a os monstros.

 

 

AS EMOCIÓNS.

Os tres cerebros:

 

Aquí vos deixamos o vídeo onde podedes ver de novo as diferentes emocións e como actuamos segundo a emoción que nos domina.

 

BENVIDA

 

Ola a todas e a todos. Moitas grazas por participar nestes Encontros familia-escola para medrar emocionalmente.

Este espazo aberto ás familias sirve para achegarnos a o mundo das emocións, que temos tan presentes en todos os momentos do día e que sin darnos conta esquecemos por momentos.

Goleman dinos que para ser intelixentes emocionalmente temos que ter integrado:

1) Coñecer as propias emocións. 

2) Manexar as emocións.

3) Motivarse a si mesmo.

4) Recoñecer as emocións nos demáis.

Distribuir contido


by Dr. Radut