Skip to Content

Consello Escolar

Calendario de Eleccións ó Consello Escolar

RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral deCentros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (D.O.G. 04.10.16).
- A Xunta Electoral constituirase entre o 2 e 8 de novembro de 2016.
- As eleccións celebraranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2016
DATAS ACTUACIÓNS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016

Luns

24 de outubro

 - Publicación no taboleiro de anuncios do Centro , e envío de circular anunciando o sorteo para a designación dos membros da Xunta Electoral ( Artigo 30 do Decreto 92/1996, DOG. do 9 de agosto )

Martes

25 de outubro

 - Sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. ( Titulares e Suplentes )
- Segundo o resultado anterior , envío de citacións para a Constitución da Xunta Electoral para o 3 de novembro.

Xoves

3 de novembro

 Primeira reunión da Xunta Electoral:
- Acto da súa constitución.
- Aprobación do calendario de actuacións
- Publicación nos taboleiros de anuncios:
a) Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos.
b) Dos correspondentes censos electorais.
- Escrito ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes (Orde do 22 de xullo de 1997, cap. VII 3.2 ).

Venres

4 de novembro

 - Publicación e envío de circular ós profesores, pais, persoal de administrac. e serv.
- Comeza o prazo de presentación de candidaturas e das posibles reclamacións ó censo.

Do 4 ao 11 de

novembro

 - Prazo de presentación de candidaturas.

Mércores

9 de novembro

 - Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral
- Envío de convocatoria de Claustro informativo para o día 15 (Art. 35 do Decreto 92/1988)

Luns

14 de novembro

 - Segunda reunión da Xunta Electoral:
• Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.
• Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres...
• Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

Martes

15 de novembro

 - Comezo das distintas campañas electorais.
- Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de normas, Relación de candidaturas, acordo de convocatoria de Claustro extraordinario para o día 29 de novembro, martes).
- Envío de:
• Circular ás nais e pais do alumnado anunciando as candidaturas do seu sector.
• Convocatoria de Claustro extraordinario a celebrar o día 29.
• Citacións para a constitución das distintas mesas electorais.
• Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral

Venres

25 de novembro

 Envío aos pais/nais do alumnado dunha circular recordatoria do día das votacións.

Martes

29 de novembro

 - VOTACIÓNS:
- Persoal de administración e servizos, de ser o caso.
- Profesorado.
- Pais/ nais e titores legais do alumnado.

Mércores

30 de novembro

 Terceira e última reunión da Xunta Electoral:
• Proclamación e publicación de candidatos electos.
• Traslado das actas das mesas electorais e do Anexo I ó Xefe Territorial.

Xoves

1 de decembro

 - Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar. (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril).

Luns

5 de decembro

 Celebración de reunión do novo Consello Escolar:
• Constitución do Consello..
• Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica.
• Designación da persoa responsable de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. (Art. 126.2 da LOE).
• Constitución do Comisión da Convivencia Escolar. (Art. 6º do Decreto 8/2015, do 30 de xuño).

Antes do 20

de decembro

 Envío á/ao Xefa/e Territorial do formulario que se publica como Anexo II Segundo a Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG do 4 de outubro).

Distribuir contido


by Dr. Radut