Skip to Content

Extraescolares

Celebración do día da Paz

 O 30 de xaneiro estivemos celebrando o día da paz con dúas cancións que nos interpretaron dous mestres do colexio. Mirade canto talento hai polo Flavia!

 

festa de Nadal

Unha das actividades que tivemos para celebrar o Nadal na escola foi a actuación de Marta Bravo e Sergio Tannus que nos ofreceron o seu traballo "Alegría"

Ofrecéronnos un rato moi agradable interpretando a súas cancións  e facendendo partícipes do seu espectáculo a todo o alumnado.

  

25 de Novembro. O Ceip Flavia dixo NON a violenca de xénero.

O alumnado de 5º e 6º de primaria xunto co resto de colexios e institutos de Padrón dixeron NON á violencia de xénero nun acto organizado polo Concello.

Visioruña

O pasado mércores 13 de nov. as clases de 5º e 6º viaxaron á Coruña para participar da   Semana  dos museos.

Actividades da semana

  Os alumnos de primeiro, durante a hora de ler, prepararon o conto " A mosca chosca" para representalo ante o alumnado de infantil ao longo da semana.

Festa do Magosto e do Samaín

O pasado mércores día 30 celebramos as festas do outono: o Samaín e o Magosto. Disfazámonos para meter medo e pasamos o susto comendo castañas e xogando.

Elaboramos un pequeno vídeo como mostra do ben que o pasamos

https://youtu.be/z1wg8ezEEO0

CIRCULAR FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN

 CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E O SAMAÍN

Co motivo da celebración do Magosto e do Samaín que terá lugar o vindeiro mércores
30 de outubro invítase ao alumnado a adornar unha cabaza para expoñela no salón dos
Pasos Perdidos. 

PARA MAIS INFORMACIÓN ADXUNTAMOS A CIRCULAR QUE VAI SER ENVIADA ÁS FAMILIAS.
 

Clases de teatro con Chevere

Dentro do programa que se esta realizando sobre a Educación afectiva-sexual que se imparte aos niveis de primaria, impleméntase con actividade para os cursos de 6º , onde se poñen en práctica técnicas do teatro que axudan ao alumnado a saber enfrentarse a situacións de exposición colectiva e de desinhibición.

Se queres ver o que se está a facer nestos talleres preme na ligazón:

Celebramos o fin de curso bailando zumba

O Club ciclismo padronés organizounos unha gincana a 3º e 4º de primaria

O alumnado de 3º e 4º de primaria demostraron as súas habilidades coa bicicleta nunha gincana que nos preparou o Club ciclista padronés.

Distribuir contido


by Dr. Radut