Skip to Content

Animación á lectura

Sesión de contacontos con Pedro Brandariz

O contacontos Pedro Brandariz animounos o remate do curso cunhas animadas sesións de contos.

            

Celebración do día do libro

Coñecede as novas da Flavioteca a través de Instagram

A Flavioteca continúa o seu gran labor, agora tamén a través do Instagram. Alí apórtannos ideas para estes días que temos que estar na casa.

Entrade en Instagram e buscade  flavioteca_ef!

 

Un conto e unha canción

Durante as últimas semanas de xaneiro, a biblioteca organizou unha sesión de contos na que participaban como colaboradores o alumnado de 6º de Primaria, dirixida aos distintos niveis, onde tamén había música en directo.

 

Grandes xestos deportivos

Celebración do Día da paz, a biblioteca celebrouno recordando grandes xestos no deporte. 

Quedada lectora dos alumnos do Rosalia no Ceip Flavia

Comenzamos xaneiro coa segunda quedada lectora. Desta volta visitáronnos os alumnos do Rosalía ao noso Centro.

Quedada lectora

O xoves 21 os alumnos/@s de 6º de primaria fixemos unha quedada lectora contando historias dramatizadas aos nosos compañeiros e compañeiras do Ceip Rosalía de C.

Celebramos o Aniversario de EF

O 24 de outubro é o aniversario de EF e, por iso cantámoslle para felicitalo nas tres linguas que coñecemos: galego, castelán e inglés.

Posteriormente EF agasallounos cunha mesa de luz!!!

Moitos parabéns, EF

 

Celebramos o aniversario de EF

O mércores 24 de outubro celebramos o aniversario da mascota da biblioteca do noso centro. Xa ten 6 anos!!! Parabéns, EF. Podedes consultar máis información no Blog da Biblioteca.

              

 

Aprendemos a debuxar con Anxo Fariña

O luns 21 de maio estivo no noso centro o ilustrador Anxo Fariña. Grazas a el aprendemos moitas técnicas novas para realizar os nosos debuxos. Seguro que serán de gran utilidade!!!.

       

Distribuir contido


by Dr. Radut