Skip to Content

2º E. Primaria

Contacontos no Flavia

O 29 de maio estivo un contacontos no noso centro. 

Programa de acollida co alumnado de Ceip Carcacía

O mércores 8 de maio estiveron os alumnos/as de 2º de Primaria do centro adscrito CEIP de Pousada Carcacía, para coñecer aos compañeiros/as que terán cando comecen 3º de Primaria e  tamén as nosas instalacións. Tiveron un grande recibimento e expectación. Tal e como se merecen!!!

 

 

Familiarizándonos coa Piramide da Alimentación

O 4 de decembro os alumnos de 1º e 2º de primaria tivemos a sorte de que contar coa colaboración da Escola Galega de Consumo onde estivemos traballando a Pirámide da alimentación. 

Visita dunha xornalista a 2º de primaria

O mércores 28 de novembro veu a visitarnos aos nenos e nenas de 2º a xornalista Belén Xestal, nai dunha alumna e antiga estudiante no noso colexio. Falounos do seu traballo e inaugurou o noso xornal de aula. Fixémoslle moitas preguntas. Foi unha experiencia moi enriquecedora!!!

Somos xornalistas por un día!!!

O 14 de novembro os alumn@s de 6º de Educación Infantil (5 anos) e os de 2º de Primaria fomos xornalistas por un día no Hostal dos Reis Católicos en Santiago. Iamos coa nosa acreditación e todo!!! Debaixo hai catro arquivos adxuntos para ver imaxes.

Os xornalistas de 2º

Hoxe os nenos de 2º entrevistamos a distintas personalidades do mundo do turismo de Galicia no Hostal dos Reis Católicos. Felicitáronnos polo traballo ben feito e ata sacamos unha foto con eles.

Despois visitamos o Hostal, a catedral e demos un paseo por Compostela. Pasámolo realmente ben!!!.

Clica no arquivo adxunto e verás as fotos

 

Coñecemos a alimentación saudable, especialmente os beneficios do leite

O mércores os alumnos de 2º e 3º tivemos a sorte de contar cunha persoa que nos estivo explicando a importancia da alimentación saudable, os beneficios do leite, cal é o proceso do mesmo desde que se extrae ata que o mercamos no supermercado... Foi unha experiencia moi interesante.

Contacontos no Pazo de Cultura de Pontevedra

O venres 27 de abril o alumnado de 1º e 2º asistiu a un contacontos no Pazo de Cultura de Pontevedra.

Saída ao conservatorio histórico de Santiago

O martes 13 de marzo os alumn@s de Infantil, 1º e 2º de Primaria fomos ao Conservatorio Histórico de Santiago. Alí, estivemos cantando, bailando, tocando e coñecendo algúns instrumentos musicais e disfrutamos moito!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut