Skip to Content

Entroido 2017

O pasado xoves día 23 de febreiro celebramos no noso colexio a tradicional festa de Entroido.

Despois de ir quentando motores durante a semana, facendo caso das consignas do Meco, o xoves viñemos disfrazados de casa cada un/unha como quixo.

Empezamos a festa degustando todo tipo de postres típicos destas festas, aportados polas familias dos nenos/as e despois baixamos ó patio grande para bailar.

aquí vos deixamos unha presentación de fotos dese día para que vexades o ben que o pasamos:



page | by Dr. Radut