You are hereEducación Infantil

Educación Infantil


FLOTA OU NON...? ( 3/06/2020) sticky icon

Ola chicos e chicas! 

Xa poderes ver as vosas fotos e as dos vosos compañeiros/as experimentando con diferentes obxectos e descubrindo se flotan. 

 Moitas grazas por participar! As vosas mestras gozamos moito vendo as vosas fotos! Bicos! 

 

Misterio en Infantil (4) (2-6-2020) sticky icon

Aquí vos deixamos as propostas dalgúns compañeiros que foron moi bos "investigadores" e colabaron moito coa súa familia para coñecer máis cousas sobre as eirugas da seda...

Fixestes un bo traballo...!, así da gusto ver que vos interesades polas propostas que vos facemos dende o Equipo de Infantil, grazas unha vez máis...! Guiño

Lía:

Ana V.:

Martín:

Olivia:

Sabela:

Sofía (4ª E.I):

Zhoe:

Zoe:

 

E, despois de investigar podemos responder ás catro preguntas (propostas na entrada do luns 25 de maio):

1.- Son vermes ou eirugas?. Aínda que se lles chama vermes, en realidade son eirugas porque son as que sofren a metamorfose ata converterse en bolboreta mentres que os vermes son sempre o mesmo animal. Teñen tamén diferenzas como as patas: as eirugas sí teñen patas mentres que os vermes non.

2.- Que significa "seda"?. É a fibra natural segregada polas eirugas para elaborar o seu casulo dentro do que se converten en bolboretas.

Despois as persoas, en fabricas, converten ese fío longo e resistente en teas con brillo e suavidade para fabricar roupa como: camisas, blusas, garabatas, panos, batas, pixamas, roupa interior, etc.

3.- Que comen?. As eirugas só comen follas dunhas árbores chamadas moreiras.

4.- Que lles pasa ó longo do tempo?. Despois de nacer do ovo e comer e comer medran moito ata poder construír o seu casulo dentro do que, despois da metamorfose, saen convertidos en bolboretas.

 

Agora imos ensinarvos como van medrando as nosas eirugas que comen e comen sen parar…upsss…Sorprendido!



Xa vedes que se están facendo maiores e convertiranse en  adultos que pronto empezarán a prepararse para facer o seu casulo…

Ben, pois esperamos que sigades pendentes da web do cole porque o próximo luns 8 de xuño subiremos máis fotos das nosas eirugas para ver cómo seguen...e igual vos propoñemos algunha investigación máis sobre as nosas amigas...

Grazas pola vosa atención, colaboración e o ben que facedes o traballiño...!

Bicos das vosas profes de Infantil.

 

CONTANDO COA EIRUGA LARPEIRA (02/06/2020) sticky icon

Ola familias:

 

Hoxe imos a traballar un pouco de lóxica matemática coa protagonista do conto “Unha eiruga moi larpeira” 

Deixámosvos diferentes propostas en función da idade e coñecementos previos dos nenos/as.  

- Nesta primeira actividade como vedes hai diferentes números nos cadrados (deberemos pór os que coñezan os nenos/as) e eles deberán de colocar tantas boliñas no corpo da eiruga como indica o número (poden ser bólas de plastilina, pompóns, de papel de seda....) 

 

- Outra opción sería dicirlles aos nenos/as un número e que eles mesmos o escriban e posteriormente peguen as boliñas.

 

Por último, e a máis complicada sería a seguinte:  

-Os nenos/as tirarán os dados e escribirán en cada un dos  dous primeiros cadrados os números que saian (neste caso escribirían no primeiro cadrado o número 6 e no segundo o 5) 

-Posteriormente colocarán as boliñas no corpo da eiruga

(Poden pór 6 dunha cor e cinco de outra) e finalmente contarán todas as bólas e escribirán o resultado da suma no último cadrado.

 

*Esperamos as vosas fotos (a data límite é o día 9 de xuño de 2020) 

Moitas grazas por participar e moitas apertas das vosas profes.

 

 

“Unha eiruga moi larpeira” ( 1-6-2020) sticky icon

 Ola chicxs e familias!

 Empezamos este semana cunha proposta coa que podedes contar o conto que vos puxemos na entrada do pasado venres 29 de maio.

 

Podedes facer unha eiruga vós mesmos...

Necesitaredes: corda ou cordón, ceras, rotuladores, cartolina ou folios para recortar ou picar.


Xa vedes que é moi faciliño…colorear, recortar e pegar e imos engadindo pinzas a nosa eiruga cada vez que no conto vai pasando algo: que pasa cada día da semana, ou o que vai comendo, cando teceu o casulo…as posibilidades son tantas como queira cada neno/a…unha variante pode ser que debuxen as alimentos e os peguen en cada pinza…así a eiruga pode medrar tanto como cada un queira…jejeje

Con esta actividade traballaremos cos peques: motricidade fina, creatividade, concentración e relaxación.

 

Se vos animades a facer esta proposta podedes enviarnos fotos ata o luns 8 de xuño.

Esperamos que o pasedes moi ben traballando coa vosa familia e pasando un tempiño relaxado.

 Moitos biquiños das vosas profes.

 

FOTOS "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" sticky icon

Bo día chicxs!

Xa podedes ver as vosas recreacións do conto de Carballo Calero. Quedáronvos unhas fotos moi chulas, noraboa ós participantes!

 

 

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar