You are hereEducación Infantil

Educación Infantil


Menú para as merendas sticky icon

Nenos, nenas e familias.

Aquí tedes os menús para as nosas merendas saudables nas aulas por si precisades recordar o que nos toca cada día da semana.

Grazas pola vosa atención e por coidar da vosa saúde.

As mestras de E. Infantil

 

 

Despedíndonos do curso e recibindo o verán... sticky icon

Nenas, nenos e familias...

Chegou finalmente o remate deste curso tan intenso e peculiar para todxs nós.

Ás mestras de Infantil nos quedou moito por facer: rir, contar contos, compartir aventuras, experimentar e descubrir, avanzar nas aprendizaxes, festexar os cumples, en fin, gozar de todos e cada un dos momentos tan especiais que se viven nas aulas de Infantil a diario...e todo coa compañía dos peques que son os grandes protagonistas desta nosa historia que tamén é a súa...

E así, pouco a pouco rematou esta historia por este curso que retomaremos para o seguinte pero con cambios: nenxs que chegarán de novo, outrxs que se nos van para Primaria...

E unhas compis que continuarán a súa andadura profesional noutros lugares onde desexamos que os reciban cos brazos abertos e sexan tan felices como o fomos aquí...ata sempre e todos os bicos do mundo..!

________________________________________________

Chicas e chicos, aquí vos deixamos unhas tarefas para o verán:

 

Esperamos que vos gusten e escollades facer moitas delas...jejeje...!

____________________________________________________

E, agora chegou o momento da despedida...este video é unha homenaxe a todxs vós e fixémolo con moito cariño as vosas profes de Infantil...

 
* Nos arquivos adxuntos podedes descargar a orla da vosa aula!

ÚLTIMAS FOTOS (19/06/2020) sticky icon

E pouco a pouco chegamos a última entrada de fotos. Quen nos ía dicir en setembro que o curso remataría deste xeito... Dende o equipo de infantil queremos darvos as grazas unha vez máis a todas as familias e nenxs que durante este tempo fixestes que o noso traballo tivese sentido.

Aí van as fotos do experimento da bolboreta... Grazas!

 

 

Que fermosas bolboretas (19/06/2020) sticky icon

Boa tarde nenos e nenas:

Que fermosura de fotos nos mandastes dos debuxiños das bolboretas. Xa estamos acabando e non queremos deixar de darvos as gracias pola participación, pola axuda e polas palabras de alento.

Gozade do voso traballo.

As profes de Infantil.

 

 

 

 

A eiruga larpeira forma palabras (17/06/2020) sticky icon

Ola nenos e nenas! 

Cantas follas de moreira comeron estas eirugas... comendo así non è de extrañar que se transformaran en bolboretas! 

Aquí están as fotos dos vosos traballos, mil grazas por participar e biquiños das profes! 

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar