Charla sobre educación sexual sticky icon

Os días 21 e 27 de febreiro veu o centro escolar un médico-sexólogo (Otero-Piñán) para darlle unha charla aos alumnos/as de 6º curso.
Esta actividade estaba patrocinada pola Deputación de Lugo.
Nesta charla contáronlles e explicáronlles datos importantes sobre a próxima etapa que van comezar. Falaron:

-De que cada un é especial e non hai corpos mellores e peores, xa que os medios de comunicación e a sociedade véndennos un modelo de corpo ideal. Polo que, temos que aceptar o noso corpo e os cambios que se producen e non agobiarnos..
- Dos cambios que se producen fisicamente, mentalmente, socialmente e emocionalmente na adolescencia, e que cada un ten un ritmo de desenvolvemento diferente.
- Da importancia de comer e ter unha alimentación sana durante esta etapa.
- Do coñecemento dos aparatos reproductores masculino e femenino e as palabras propias, e non vulgares.
- Da importancia da hixiene persoal: mestruación e exaculación.
- Das distintas orientacións sexuais que hai e os abusos que se producen con respecto a este tema.
- Do embarazo e como se produce,...

Ademais, durante a charla os alumnos/as puideron preguntar todas as dúbidas e inquietudes que tiñan en relación a este tema.

DÍA DA PAZ sticky icon

O día 30 de xaneiro, no centro escolar celebramos o día da paz. Para iso, fixemos varias actividades, que traballamos previamente.
As actividades realizadas foron as seguintes:

  • Invención de frases positivas sobre distintos temas: o amor; alegrar os días; a educación; a cooperación e compartir; a superación de obstáculos na vida; as aprendizaxes para o futuro; e o perdón. Estas frases fixéronas nos tres idiomas (unhamaneira, de traballar o plurilingüismo no noso centro)
  • Búsqueda sobre o que é o día da paz. Así, cada curso buscou información sobre este tema e fixeron debuxos e símbolos relacionados: Por qué se celebra o día 30 de xaneiro, o día da paz?; Quen era Ghandhi?; Que son os premios nobel?, citar algún dos máis coñecidos; Que valores son importantes nunhapersoa e que están relacionados coa paz?,….
  • Contacontos: o día 29, algúns alumnos/as do instituto “Val do Asma”, viñeron o noso centro a contarlle os alumnos/as de infantil varios contos relacionados coa paz. Os contos son os seguintes: “Rirme contigo. Nunca de ti”, “A man dereita e a man esquerda”, “Beltzi e Blanc”, “Por qué chora o sauce, por qué” e “Mikeltxo”. O día 30, volveron vir ao colexio, para contarlles un conto os alumnos/as de toda primaria. O conto titulábase: “Unha luva vermella sobre o pastel”.

Queremos dar as grazas dende aquí, por compartir este día con nós, e por vir a contarnos contos educativos.

As mestras de inglés prepararon a canción de Imagine cos alumnos/as de 3º curso a 6º de Primaria e fixeron un mural sobre a paz.

O día 30 de xaneiro tamén tivo lugar un pequeno acto na aula de música, na que hubo a seguinte programación:

-    Conto interpretado polo alumnos/as de 4º de ESO do instituto “Val do Asma”
-    Interpretación da canción Imagine polos alumnos/as de 3º a 6º curso
-    Lectura por parte dos alumnos/as da investigación levada a cabo sobre o día da paz.
-    Interpretación por todo o colexio da canción de mamá cabra, “Mola cantidade”


https://www.youtube.com/watch?v=K4JormQGfUc
https://www.youtube.com/watch?v=7FX4D1jU2m8
https://www.youtube.com/watch?v=wqQVmiZj7Xk
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesvalasma/node/1382
https://p.facebook.com/story.php?story_fbid=2491892551037563&id=1729680337258792
https://p.facebook.com/story.php?story_fbid=2491227597770725&id=1729680337258792


Álbum: CURSO 2018-2019 -> Día da Paz

O NADAL sticky icon

No noso colexio realizamos diferentes actividades polo Nadal:

  • O día  14 de decembro, tivemosunha gran sorpresa, xa que chegou o nosocolexio, O apalpador, que nos visitou por todas as clases, contándonos historias e aprendéndonoscancións.
  • O día 19 de decembro, visitounosPapa Noel acompañado do seupaxe. Apareceunosnas clases e deunos a cada un, un saborosoagasallo.
  • O día 20 de decembro, chegaron os Reis Magos, visitáronnos para comprobar cómo nos habíamos portado e tamén nos deixaronsaborososagasallos.
  • O día 21 de decembro, tivemos o festival. Estábamos todos un pouco nerviosos, pero tiñamos ganas de subirnos o escenario. O programa que fixemosfoi o seguinte:
  • Infantil: panxoliña, o apalpador
  • 4º curso: panxoliña, Ya vienen los niños
  • 1º curso: panxoliña, o apalpador e Vals das estrelas
  • 5º curso: Melchor y Baltasar
  • 2º curso: Panxoliña, volver a casa por Nadal
  • 6º curso: Panxoliña, Rudolphthe red nosedreindeer
  • 3º curso: panxoliña, la magia de la vida

 

 

VISITA A OURENSE 5º e 6º DE E. PRIMARIA sticky icon

Os alumnos/as de 6º e 5º curso foron a Ourense o día 29 de xaneiro a visitar o museo da escolma da escultura, pertence o Museo arqueolóxico e ó auditorio, para ver a obra de teatro en inglés Tarzán.
http://museos.xunta.gal/es/arqueoloxico-ourense

 

Álbum: Viaxes didácticas -> Ourense 5º e 6º

ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS sticky icon

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO CENTRO PARA O CURSO 2019/2020

PRAZAS OFERTADAS POLO CENTRO PARA O CURSO 2019/2020

CURSO

PRAZAS POR CURSO

PERMANENCIAS

PRAZAS OFERTADAS

4º Inf.

25

0

25

5º Inf.

25

17

8

6º Inf.

25

25

0

1º Pri.

25

17

8

2º Pri.

25

20

5

3º Pri.

25

14

11

4º Pri.

50

27

23

5º Pri.

50

31

19

6º Pri.

50

34

16

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27130

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

PRAZO: DO 1 ao 20 de Marzo de 2019.

PROCEDEMENTO: ED550B

Pode descargar os impresos nos arquivos que se achegan:

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar