LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2018/19 sticky icon

Aviso

Hoxe, día 17 de Xullo publicanse as listas definitivas de admitidos/as no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO para o vindeiro curso 2018/2019.

En 5º de Educación Primaria o noso centro está incluido na relación provisional de centros participantes no proxecto  de educación dixital EDIXGAL.

En principio, en 5º de E. Primaria non se empregarán libros de texto en formato papel, polo tanto as familias non deben mercalos. En canto saia a listaxe definitiva de centros seleccionados, avisaremos neste medio e no taboleiro do centro.

 

Xornada dos padriños e madriñas lectores sticky icon

 

O xoves 21 de xuño levouse a cabo esta actividade durante media hora no patio do colexio. Os alumnos de 3º, 4º, 5º,e 6º contáronlle un conto aos mais pequenos facendo parellas. A moitos deulles de tempo de cambiar de parellas e /ou contos, enriquecendo así a actividade. Fíxose no patio, coma o ano pasado, resultando unha actividade relaxante e moi positiva polo grado de implicación dos alumnos.

 

Álbum: CURSO 2017 - 2018 -> Padriños e madriñas lectores

Viaxe E. Infantil a Castro de San Cibrao de Lás sticky icon

Os nenos  de Infantil, fixemos  unha excursión ó Castro de San Cibrao de Lás.

Cando chegamos,o monitor levounos o museo e explicounos como eran os castros, cómo vivían, de qué se alimentaban… Despois saímos fora e plantamos cereais nunha horta,porque nos explicou como se facía o pan.

Tamén aprendimos cómo se facía o lume cunhas pedras. Moemos cereais nuns muíños de man e despois fixemos galletas e  cocémolas sobre o lume ó aire libre. O rematar deixámolas arrefriar, botámoslle nocilla e comémolas. Estaban riquísimas¡
Por último, percorremos o castro e vimos como eran as súas rúas,as casas, vimos un pozo de onde sacaban auga e as murallas do castro.
Pasámolo moi ben a aprendemos moitas cousas!

Letras Galegas 2018 sticky icon

Este ano adicamos as Letras Galegas á escritora e profesora María Victoria Moreno, ademáis de realizar actividades diversas a nivel de aula e enriquecer a biblioteca con libros seus, realizamos un mural que recolle a súa obra, realizado coa especial implicación dos alumnos de Educación Infantil.

  • Para celebrar a festa da nosa lingua, adicamos dous días ao disfrute dos contos:
    • O 16 de maio tivemos o pracer de escoitar a Celso Fernández Sanmartín, non só contou contos (de raigame popular en moitos casos) senón tamén sinxelas cantigas. Os alumnos  e profesores de 2º a 6º de Ed. Primaria, disfrutamos participando nesta actividade.

    • O 25 de maio os que viñeron ao cole foron Sara e Alex, os contacontos de Kalandraka. Amenizaron con música de acordeón un feixe de contos: Ahorta de Simón, Animais de compañía, Un mais, Frederick, O coelliño branco, Cores… A esta sesión acudion os alumnos de Infantil e 1º de Primaria.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar