You are hereRecomendacións de traballo para os alumnos de 2º de Primaria.

Recomendacións de traballo para os alumnos de 2º de Primaria.


By Anónimo - Posted on 20 Marzo 2020

Bos días ás familias e a todo o alumnado de segundo de primaria:

Estas propostas son de repaso do aprendido e de tipo mecánico xa que os demáis aspectos do ensino deberemos traballalos na aula.

·      

Lectura diaria alternando lecturas en galego e castelán. Pódense utilizar os libros de texto, contos, libros de lectura…

·      

Escritura:

- Ditado de oracións que contemplen as normas ortográficas traballadas: mp, mb… maiúsculas, sinfóns ( br, bl,cr,cl,pr,pl…)

- Escritura dun diario no que contarán o que fixeron ao longo destes días. (Breve texto e cun debuxo alusivo)

·      

Matemáticas:

-       

Operacións de sumas e restas levando.

-       

Problemas sinxelos de sumas e restas levando.

-       

Escritura de números anterior e posterior ata o 899. Lémbrolles que en segundo traballase ata o 999.

-       

Repaso e estudio das tablas de multiplicar.

·      

En Ciencias Naturais : Investigar  buscando datos curiosos de plantas, os seus usos na medicina, na industria... Apuntalos nunha folla, si é posible foto das follas, froitos e usos. Á volta as aulas faremos un pequeño mural con estes datos.

·      

En Ciencias Sociais: Nun mapa da vosa localidade buscade donde se encontran os lugares que frecuentades e a distancia coa vosa casa, a escola, o parque, a casa dos avós , dos amigos, …podedes coa axuda dos vosos pais utilizar google maps.

·      

Páxinas web de interés:

-       

https://es.ixl.com/math/2-primaria

-       

https://www.actiludis.com>lengua

-       

https://www.tablasdemultiplicar.com

-       

https://www.aulapt.org

Lémbrade que é importante á constancia, traballar todos os días un pouco.Saúdos.

 

 

 

 

 

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar