You are hereArtigos / Educación Infantil / Artigos

Artigos


Educación Infantil - Sub Categories

AS PITAS E DEMAIS ANIMAIS sticky icon

OLA A TODXS!!!!

ESTA SEMANA VAI DE ANIMAIS!!!

UNHA APERTA PARA TODOS

“Unha eiruga moi larpeira” ( 1-6-2020) sticky icon

 Ola chicxs e familias!

 Empezamos este semana cunha proposta coa que podedes contar o conto que vos puxemos na entrada do pasado venres 29 de maio.

 

Podedes facer unha eiruga vós mesmos...

Necesitaredes: corda ou cordón, ceras, rotuladores, cartolina ou folios para recortar ou picar.


Xa vedes que é moi faciliño…colorear, recortar e pegar e imos engadindo pinzas a nosa eiruga cada vez que no conto vai pasando algo: que pasa cada día da semana, ou o que vai comendo, cando teceu o casulo…as posibilidades son tantas como queira cada neno/a…unha variante pode ser que debuxen as alimentos e os peguen en cada pinza…así a eiruga pode medrar tanto como cada un queira…jejeje

Con esta actividade traballaremos cos peques: motricidade fina, creatividade, concentración e relaxación.

 

Se vos animades a facer esta proposta podedes enviarnos fotos ata o luns 8 de xuño.

Esperamos que o pasedes moi ben traballando coa vosa familia e pasando un tempiño relaxado.

 Moitos biquiños das vosas profes.

 

FOTOS "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" sticky icon

Bo día chicxs!

Xa podedes ver as vosas recreacións do conto de Carballo Calero. Quedáronvos unhas fotos moi chulas, noraboa ós participantes!

 

 

 

 

Música para psicomotricidade (14) (29-5-2020) sticky icon

Boa tarde chicas, chicos e familias...!

Hoxe deixamos un xogo de mans, unha canción  e varias propostas de exercicio relacionada co tema que estamos estos días a traballar. 

"Juegos manos - Mariposas"

"El baile de la oruga" (arquivo adxunto).

Varias propostas exercicio (arquivo adxunto )

Espero que vos guste e practiquedes moito.

Grazas por participar e moitos bicos de spray...!!

 

LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA (29/05/2020) sticky icon

Ola chicxs e familias! Como estades?

Agardamos que con ánimo para poder seguir facendo as actividades que vos propoñemos.

Xa sabedes que as profes temos eirugas da seda. Ben, pois hoxe deixámosvos un videoconto que sempre é un éxito entre os máis pequenos “La pequeña oruga glotona”, no que podedes observar o proceso de crecemento destes pequenos animaliños. Prestade moita atención, porque despois de velo teredes que contestar a unhas preguntas.

Unha vez visto o video, imos facer dúas actividades:

1ª ACTIVIDADE. Os nenxs van respondendo ás seguintes preguntas:

- Días da semana: Nomea os 7 días da semana. Podes facelo cantando a canción do cole.

- Conteo (Quitamos o audio e imos parando o video nas imaxes das froitas para que o neno poida contar): Cantas peras comeu a eiruga? Cantas fresas? Cantas laranxas? E cantas larpeiradas comeu o sábado?

- Letras: Deletrea as letras do título “LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA” (Podedes escribírllo nun papel, ós de 3 e 4 anos en maiúscula e ós de 5 anos en minúscula)

- Comprensión: Como se chama a casa que fan as eirugas ó seu redor? En que se converteu a eiruga pasadas dúas semanas?

 

2ª ACTIVIDADE. Debuxa e escribe sobre o ciclo de vida das eirugas. Podedes imprimir ou copiar o arquivo adxunto.

 Primeiro falamos cos nenxs sobre as catro fases da eiruga, empregando os ordinais: 1º Era un ovo. 2º Do ovo naceu unha eiruga. 3º A eiruga fixo un casulo.4º Converteuse en bolboreta.

Despois completamos a ficha. No 1º cadro hai que debuxar e escribir a palabra OVO, no 2º a palabra EIRUGA, no 3º CASULO e no 4º BOLBORETA. Coloreamos, decoramos ó noso gusto e mandámoslles unha foto as profes.

Tedes ata o venres 5 de xuño para facer esta actividade tan completa, coa que repasaremos un montón de coñecementos. Moito ánimo para seguir aprendendo, consideramos que se os nenos non desconectan por completo durante tanto tempo a volta seralles un pouco máis faciliña...

Bicos e achuchóns xigantes das vosas profes

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar