You are hereArtigos / Educación Infantil / Artigos

Artigos


Educación Infantil - Sub Categories

As nosas eirugas medran e medran… ( 8-6-2020 ) sticky icon

 Amigas e amigos: como ides ver as nosas eirugas seguen medrando e facéndose maiores e preparando os seus casulos para transformarse en bolboretas que, por certo…non van a ser grandes e con bonitas cores como as que podedes ver en parques, xardíns e nos vosos paseos ó aire libre agora que o bo tempo anda achegándose.

Estas bolboretas proveñen das “polillas salvaxes” que foron domesticadas hai moito tempo para conseguir o prezado material: a seda…e, por isto a súa aparencia non é a dunha bolboreta común.

Aquí vos deixamos unha fotos para que vexades como van evolucionando…

 

E, sorpresa…!..algunha bolboreta empezou a saír do seu casulo, mirade…

 

Agora toca esperar un pouco máis e, cando todas e todos vaian saíndo irán buscando parella, reproduciranse.

A femia poñerá ovos…que quedarán agardando ata próxima primavera (cando volva a ter follas a moreira)….e así, volveremos a ver outra vez o ciclo dos ovos das eirugas da seda…

No seguinte curso poderemos ver todo o proceso nas aulas de Infantil e seredes vós os encargados de coidar as eirugas.

 

Agora, antes de rematar a entrada de hoxe queremos propoñervos unha actividade rica, rica, xa que…:

IMOS COCIÑAR…! Coa axuda da historia do conto “ La oruga glotona”.

O reto de hoxe consiste en que fagades unha merenda rica e o máis san posible…así trátase de que elaboredes unha eiruga ou incluso bolboreta como as que saen neste conto. Si empregades algún dos alimentos que comeu a eiruga moito mellor…!

Deixámosvos un exemplo: nós empregamos moitos alimentos dos que ía comendo cada día a nosa amiga larpeira…mazá, queixo, salchichón e, como non tiñamos ameixa substituímola por peladillo.

E, cortando (moito coidadiño e pedide a un adulto que vos axude…aínda que podedes empregar ata tesoiras,ehhh…!), cortando e colocando conseguimos unha eiruga ben chula, non vos parece?

Cantos cociñeiras e cociñeiros se animarán a preparar esta rica merendola…???

Esperamos as vosas fotos ata o luns 15 de xuño

Animádevos a participar que xa faltan pouquiño para rematar o curso e nos gustaría saber de todxs vós.

Moitos bicos das vosas profes de Infantil.

 

Fotiños da eiruga contando contas (07/06/2020) sticky icon

Bo día nenos e nenas:

Somos moi afortunadas de todo o que estades traballando e das preciosas fotiños que nos facedes chegar. Aquí van as da actividade da eiruga contando contas.

Seguide así, xa queda menos. 

Un bico enorme das profes de infantil.

 

 

FOTOS "CICLO DE VIDA DA EIRUGA" sticky icon

Bo día!

Achegamos as fotos sobre os traballos do ciclo de vida das eirugas. Moi ben chicxs! Grazas por participar!

 

 

Música e actividades para psicomotricidade (15) (5-6-2020) sticky icon

Boa tarde, familias e nenxs.

Aquí vos deixo, no arquivo adxunto, outra das cancións que empregabamos para facer Psicomotricidade: "El baile del sapito·.

Espero que os peques recorden a coreo coa que traballabamos e vola ensinen na casa e podades pasar un tempiño divertido en familia.

Noutro arquivo deixo unha propostas de xogos coa nosa amiga a eiruga para divertirvos no exterior, agora que xa temos máis tempo para estar fóra.

Unha aperta e a seguir coidándose moito.

 

EIRUGA LARPEIRA: ESCRIBIR E CONTAR (06/06/2020) sticky icon

Ola chicxs!

Seguimos a voltas co conto La pequeña oruga glotona. Hoxe deixámosvos unha versión musicada (Babamusica) que nos servirá para recordalo. A ver se vos gusta!

E agora, imos facer unha pequena ficha-resumo do conto (arquivo adxunto). No primeiro cadro temos que poñer o día da semana, e no segundo o número de alimentos que comeu a eiruga ese día. Recordade: os máis pequenos precisarán unha axudiña, os de 4 escribimos en maiúscula e os de 5 intentámolo coa minúscula.

Ademais de facelo en papel, podedes facelo tamén con pezas de letras e números que teñades na casa: formar o nome dos días da semana e a serie numérica do 1-9.

                

Tedes de prazo para mandarnos foto ata o venres 13 de xuño. Veña, ánimo, que xa queda pouco e estádelo facendo moi ben ;)

Bicos e achuchóns das vosas profes

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar