Artigos


VISITA A OURENSE 5º e 6º DE E. PRIMARIA sticky icon

Os alumnos/as de 6º e 5º curso foron a Ourense o día 29 de xaneiro a visitar o museo da escolma da escultura, pertence o Museo arqueolóxico e ó auditorio, para ver a obra de teatro en inglés Tarzán.
http://museos.xunta.gal/es/arqueoloxico-ourense

 

Álbum: Viaxes didácticas -> Ourense 5º e 6º

Viaxe a Ourense 5º e 6º de Primaria sticky icon

O 23 de xaneiro de 2018 os alumnos de 5º e 6º de E. Primaria do colexio fixeron un desprazamento a Ourense para realizar as seguintes actividades:

  • Asistencia á representación dunha obra de teatro en Lingua Inglesa no Auditorio de Ourense.
  • Visita á exposición de Xaime Quessada na Sala de Exposicións da Sede Afundación de Ourense.

 

Álbum

VIAXE A OURENSE sticky icon

O día 5 de decembro os alumnos e alumnas de 1º e 2º de E. Primaria do centro asistiron ao Espectáculo de Circopeta no Auditorio de Ourense.

VIAXE A ALLARIZ 3º DE PRIMARIA sticky icon

O día 14 de Xuño o alumnado de terceiro visitamos Allariz. Alí realizamos moitas visitas e pasámolo moi ben.

A primeira hora da mañá chegamos o ecoespazo o rexo, unha granxa na que vimos como se coidaban as cabras, unha lagoa con ras e diferentes insectos, un burro, carneiros, etc. Ademais explicáronnos a importancia de coidar o medio ambiente e que existían especies en perigo de extinción por culpa da contaminación. Rematamos a visita vendo como se elaboraba o queixo, probando un anaquiño e despedíndonos dos cans que se fixeran amigos nosos durante a visita.

O saír do ecorrexo o autobús levounos a un merendero o carón do río, onde comimos e xogamos a diversos xogos, tres en raia, memoriun, policías e ladróns, etc.

Continuamos recorrendo unha das calles do centro de  Allariz para chegar a dous museos, que nos presentou unha guía. O primeiro museo era o de xoguete; alí observamos moitos xoguetes antigos. O segundo o museo de monda onde se nos explicou o proceso de realización do liño e a continuación pasamos por unha pasarela con diferentes vestidos de liño que nos prestaron no museo, foi divertidísimo!!!

Para rematar unha merenda o carón do río e un xeado para refrescarnos. E volta para a casa despois dun gran día cos nos@s compañeir@s de clase!!

Acceso ao álbum

VIAXE A OURENSE 3º DE E. PRIMARIA sticky icon

  • Vimos a obra "Sandra e Meirol en Xistralia".
  • Visitamos o Claustro de San Francisco, un antiguo convento onde observamos os 63 arcos coas súas columnas e as súas diferentes figuras talladas. Xogamos a atopalas.
  • A terceira visita foi "A escolma da escultura" no museo arqueolóxico, onde descubrimos curiosidades dos nosos antepasados, presentados por unha guía que nos contou historias e lendas antigas.

A continuación podes ver a presentación das fotografías ou acceder ao álbum das mesmas:

Acceso ao álbum

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar